Estas fotos corresponden á colección "La Ciencia del Arte" de Victor Masriera (1875-1938) compuesta por cinco volumes encadernados en tela editorial con estampación modernista nas cubertas e numerosas ilustracións. Foron editados por José Gallach.
Na última década do século XIX, Gallach comprou os fondos da editorial Soler, unha empresa de
Barcelona (denominada entón Sucesores de Manuel Soler). A colección
emblemática da editorial Soler foron os seus Manuais Soler,
caracterizados polo seu reducido formato (11 x 16 cm) e pola
encuadernación en cartoné de cor laranxa estampado en negro, que trala
compra por Gallach cambiaría a verde.
A editorial Gallach anunciouse nos
primeiros meses como "José Gallach-Editor. Sucesor de Manuel Soler" O primeiro catálogo estivo composto polas obras de referencia procedentes de Soler, de gran interese para profesionais e estudiosos, como os Manuais, e a colección La Ciencia del Arte que hoxe nos ocupa entre outras.
Estes libros son obra de Víctor Masriera Vila, artista, profesor e autor de obras pedagóxicas que asentarian os cimentos do ensino moderno do debuxo e as Belas Artes. Tamén foi un dos primeiros autores en mostrar interese polo debuxo infantil, a través de diversas obras e actividades educativas que culminaron co seus cursos de debuxo.
Como anécdota comentarvos que estes libros foron adquiridos, en 1918, por Maximiliano Vidales Espinosa, profesor de debuxo de figura e adorno nesta Escola durante moitos anos, libros que foron pagados a prazos, proba diso é a factura e os cupóns do abono deses prazos que aínda se conservan.

Ningún comentario:
Publicar un comentario