CAIM
(Construción Artesanal de Instrumentos Musicais) GAITA
Jandro
Barciela
Volta
de rosca
O
proxecto trataba de conseguir un punteiro co que se puidera tocar,
dende a música máis tradicional, pasando por obras con piano, ata
música do barroco.
Respectando
o interior do punteiro actual, o que pretendiamos, era recuperar a
subtónica, ter un Mib máis decente e facilitar o uso do segundo
rexistro.
O
resultado que obtemos é un punteiro que nos dá moito xogo á hora
de tocar un repertorio ou outro. Co furado de rexistro, ademais de
facer con facilidade o segundo rexistro, podemos facer unhas pequenas
dinámicas moi curiosas.
Coa
subtónica, recuperamos ese Sib grave que tanto se botaba en falta,
ideal para tocar repertorio do mestre Manuel Villanueva. Modo
mixolidio ou completo.
Neste
punteiro, para obter o Mib, temos que executalo como se fora Mi
natural e o Mi natural como se dun “clarinete” se tratase.
En
conclusión: un punteiro con moitas opcións e variantes que nos
exise un pequeño estudo, se non estas afeito ás diferentes
posturas, para sacarlle todo o rendemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario