CERÁMICA
ARTÍSTICA
Fernando
Carballa Villanueva
Cabeza
e Protector
Gres
BT. Parafusos prásticos
Cabeza
composta por 112 pezas. Protector formado por 56 pezas. Todas elas
cocidas a alta temperatura. Ensambladas con parafusos plásticos.
Esta
obra busca conseguir lixeireza, claridade, liberdade, luz... en
contraposición aos seus aspectos formais de cerramento, pesadez,
escuridade, claustrofobia...
CERÁMICA
ARTÍSTICA
Juana
Martinez
Elaboración
e produción dun revestimento cerámico artesanal
Pasta:
PA/PRAF/Gres porcelánico
Vidrados:
ATP/ATP+Cu+Co
A
intención é facer un exercicio de simplificación na que o
observador pode entender o obxectivo final do revestimento, onde o
paralelepípedo proposto divídese en dous planos: o horizontal sería
o chan, e o plano vertical serían as paredes revestidas da
edificación.
Estudo
para a elaboración dun revestimento cerámico artesanal resolto
mediante unha matriz xeométrica cuxo módulo hexagonal propón unha
estética que alude a xeometrías propias da natureza, ao tempo que
atende aos requisitos de funcionalidade, simplicidade e
versatilidade. Do mesmo xeito, o proxecto cuantifica o tempo de
produción e materiais necesarios para o desenvolvemento do proceso
de produción, permitindo avaliar o custo efectivo do revestimento.
CERÁMICA
ARTÍSTICA
Natalia
Touriño e Muíño
Encaixe
cerámico.
Porcelana
G8/Supermimbre/Gres BT
A
proposta consta de dúas partes, relativas ao encaixe; por un lado
hai volume relacionado coa luz e, por outro, hai liñas sobre un
soporte útil: as tazas de viño.
CERÁMICA
ARTÍSTICA
Nero
Carpente
Ai
lalelo, Ai lalalo
Louza
branca, gres branco, calcas cerámicas
Colección
seriada de recipientes cerámicos para bebidas alcohólicas; unindo
funcionalidade, creatividade e cultura popular. Trátase de
relacionar esta modalidade de pezas coa propia actividade festiva e
musical na que se empregan dentro da cultura galega
CERÁMICA
ARTÍSTICA
María
del Pilar López Freire
Fish-iño
Colada
Art 13 e gres BT
Nove
pezas exentas que recrean a manipulación do peixe no porto pesqueiro
de Vigo. O aproveitamento dos refugallos que produce, como alegoría
do desenvolvemento da cidade olivíca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario