19 de abr. de 2011

"SOÑOS ILUSTRADOS " NO ESPAZO EMAO DE VIGO



O pasado venrés e con gran acollida por parte do público, tivo lugar á inauguración da mostra "Soños ilustrados: kalandraka 12 anos de album galego", neste acto tiveron presentes os comisarios, Miguel Vázquez e Federico Fernández, a concelleira de Educación de Vigo, Laura López, responsables e alumnos deste centro académico. Tamén contou coa presenza do artista plástico Ramón Trigo (ilustrador do álbum “As luces que se acenden e se apagan” e da novela gráfica “O burato do inferno”, esta último con guión do seu irmán Xosé Manuel). Nun espazo expositivo acolledor e luminoso, as obras de Ramón Trigo, Marc Taeger, David Pintor, Pablo Otero, Óscar Villán, Alicia Suárez, Juan Rivas, Francisco Pérez Porto, Kiko Da Silva e Federico Fernández, descúbrenlles aos visitantes os detalles, as cores, as pinceladas e as claves visuais das historias nas que están baseadas. Nun mesmo percorrido tamén é posible achegarse á variedade e á diversidade de estilos e técnicas artísticas posibles para ilustrar un álbum: obra pictórica, modelado, debuxo, formatos tridimensionais, collage… 
Máis información e fotos no Blog K

Os comisarios da mostra, Miguel Vázquez e Federico Fernández con Xosé Pérez de Kalandraka



HORARIO: martes a sábados entre as 19:00 e as 21:00 horas
DATA: 15 de abril ata o 10 de maio de 2011
LUGAR: "Espazo EMAO"
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Avda. García Barbón, 5.
Tlf 986 22 80 88

1 comentario:

  1. Exposicion moi bonita e agarimosa, autenticas obras de arte dos nosos ilustradores, recomendo a todo o mundo que a visite.

    ResponderEliminar