29 de nov. de 2016

Exposición Proxectos 2016: Talla e escultura en madeira (1)

Do catálogo da exposición "Proxectos 2016":

TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA
Ángel Puga González.
Diálogo bravo de materiais xurdidos do mar
Madeira – crebas

Por ser neto, fillo, irmán, sobriño, curmán e veciño de mariñeiros, por vivir nun barrio como o de Espiñeiro, tan relacionado co mar, andar ás crebas xa de neno, ser membro dunha familia que dependía do mar para ben e para mal, foime doado volver ás crebas, xuntar uns paos e uns garabullos para, levado pola imaxinación, facer esta peza para homenaxear ao mar
 
TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA
Francisco José Rodríguez Estévez
Diosa Navia
Ponla de poda de árbore da Praia de Patos
A Deusa que amosa signos de embarazo ten un ventre fértil e ofrece os seus peitos aos novos retoños que ocuparan o espazo baleiro pola nosa viaxe sen retorno; fontes de auga fresca e cristalina, elixir de fertilidade e de vida.
TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA
Brandán Francisco Rodríguez Menacho
De lo invisible a lo visible
Madeira de tileira, parafusos, aramio, papel maché, area e cola

Representa en madeira bechiños que son minúsculos

 
TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA
Henar de Diego de Diego
Tríptico alegoría da Creación
Madeira de tileira

O proxecto consiste na realización dun tríptico tallado en madeira no que se tenta transmitir a idea da orixe da Creación.
O panel da esquerda representa a creación do mundo: o caldo vital do que todos procedemos.
O central, o máis importante, representa o nacemento, a orixe da vida. As formas lévanos a pensar nun feto, no ventre materno.
O panel da dereita representa o proceso de evolución constante. Todo flúe, nada permanece igoal

 
TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA
Jose Manuel Ucha Groba
El hacedor de huellas
Madeira, ferro e acrilico

Reflexión sobre o desastroso camiñar nesta vida



26 de nov. de 2016

Esposición Proxectos 2016: Ourivaría (2)

Do Catálogo da Exposición Proxectos 2016:


OURIVARÍA
Rogelio Castro Arca
Fíbula Bereber, o estético e o simbólico. 
Prata, cabuxón oval de coral vermello, turquesa, esmalte, acibeche e latón.

Reprodución dunha fíbula de estilo Bereber, feita en prata, con filigrana, cunha montura para un cabuxón oval de coral vermello, e aplicación de esmalte ao lume coa técnica de Champlevé . Unha segunda fíbula feita en prata con acibeche tallado e un traballo de entorchado no corpo da fíbula, semellando un torque celta. Unha terceira feita en latón na que salienta o traballo de forxado e retorcido do corpo e da agulla.

Nesta obra preséntanse a reprodución e interpretación dunha fíbula Bereber, feita en prata, con coral, turquesa e esmalte, aplicando as técnicas e procedementos tradicionais, para conseguir unha fiel reprodución e mostrar a destreza e a arte dos ourives bereberes.
Acompáñase doutras dúas fíbulas de inspiración celta: unha de prata con acibeche e outra de latón; estas dúas representan o uso tan cotidián que se lle deu a este tipo de broche e, tamén, como cada civilización adoptou e interpretou o deseño deste elemento.

En los pueblos bereber, las joyas que son propiedad de las mujeres, son esencialmente fíbulas, brazaletes, diademas, pectorales, collares y ajorcas que pasan de generación en generación y de madre a hijas. Estas joyas las reciben de mano de los maridos como dote cuando se casan, este ajuar es una especie de seguro en caso de viudedad o de divorcio por parte del marido. En las joyas amazigh, es tan importante su función estética así como su hondo significado simbólico e identitario, ya que afirman la pertenencia a una tribu o a un clan y dicen mucho sobre la mujer que las porta, y, en el caso de la Fíbula joya muy representativa del mundo amazigh, también una función defensiva ante agresiones y de amuleto protector contra los males”

 
OURIVARÍA
Margarita Castro Villaverde
El Universo
Fío de prata de 2 mm de grosor. Chapa de prata de 0,3 mm e de 1mm. Xemas talla cabuxón de 10 mm de diámetro: perla natural cultivada, cornalina, lapislázuli, feldespato aventurina azul, aventurina verde, xade amarelo e turquesa. Ametista talla cabuxón de 12 mm .

A peza está construída con fío de prata de 2mm, leva 7 cabuxón de 10 mm de diámetro engastados en bisel, mais un de 12 mm na peza central. Ademais dos círculos e das monturas para os engastes, o colar ten unha peza central construída con chapa de prata texturada a martelé, calada e coa ametista engastada.
O proxecto “Universo” materialízase nun colar de prata e xemas preciosas. Representa o universo, os planetas e o seu constante movemento. Atopámonos co círculo, como forma perfecta e símbolo de movemento, que son os que constrúen a estrutura da peza; no interior deles, e seguindo o seu movemento, van engastadas as pedras que simbolizan a materia do universo. 

 

23 de nov. de 2016

Exposición Proxectos 2016: Ourivaría (1)

A ficha de catálogo das pezas expostas na exposición Proxectos 2016 desta especialidade:

OURIVARÍA
Mª Luisa Caride Lago
De “Cochleare” a cuchara
Madeira, cobre, prata, latón, metacrilato, ametistas, esmalte en frío. 

Colección de seis culleres coas que se interpreta a evolución deste utensilio ao longo da historia. Levouse a cabo unha investigación e análise sobre a culler, xurdindo estes seis deseños. En cada culler aplícanse técnicas e procedementos distintos dependendo tamén do material empregado:
- Culler primitiva feita de madeira con incrustacións de prata, interpretando a orixe da culler como utensilio
Culler Antiga feita de cobre cun gravado de inspiración exipcia e patinado. Esta culler baséase nas culleres-paleta exipcias que se empregaban para os ungüentos e a maquillaxe
Culler Romana, elaborada en prata; o seu deseño parte dunhas culleres romanas que se usaban para comer caracois, de aí que teña un espeto na parte de atrás do mango.
Culler Papal, a inspiración desta culler xorde da ostentación eclesiástica, é unha culler xoia, feita en latón, co seu esmalte e as súas pedras preciosas engastadas que, neste caso, son unhas ametistas
Culler Futurista, feita usando metacrilato, neste caso de cor azul, tallada e modelada dunha peza e cunha incrustación, no seu perfil, de prata.
A Anti-culler, esta non-culler é o resultado dun deseño de culler que non se pode empregar como tal; é mais unha xoia, pois o seu mango pousa sobre o seu cunco facendo imposible un uso correcto como utensilio.



OURIVARÍA
José Ignacio Bajo Benito
Inquedanza serea
Xibias de calamar, Caricola e Estrela de prata 950. Molde en area Delf
 
Un proxecto de investigación e práctica de distintos tipos de función alternativa, empregando tamén distintos metais. O obxectivo foi investigar os procesos; así construíronse moldes en xíbia, de madeira, de area, adaptándoos aos puntos de fusión dos metais.
Podemos ver unha mostra do resultado dalgúns dos moldes feitos en xíbia xa empregados, observar como o metal entrou e queimou o interior: os moldes preséntanse como unha obra en si mesma.
Tamén se presentan as pezas que resultaron destes procesos.






21 de nov. de 2016

Exposición Proxectos 2016: Debuxo artístico

Continuamos adiantando fichas do catálogo da nosa exposición:


DEBUXO ARTÍSTICO
Crisanto Sanmartín 
O debuxo nas artes escénicas galegas
Acuarela e Pilot sobre papeis de diversas gramaxes
Unha serie de debuxos creados a partir de fotografías da época, collages destas fotografías e creacións da propia inventiva e recordos do autor.
Collendo elementos que configuran as artes escénicas galegas representadas a maioría delas nas décadas dos 50 e 60 do século pasado, como A lenda de Montelongo, Os vellos non deben de namorarse, O Fidalgo, Danzas populares, etc.., trátase, a través do debuxo, de abrir unha vía de investigación, interpretativa e particular do propio autor, xa que formou parte de grupos como Cantigas e Agarimos, Ditea e Coros y Danzas de España, que representaron algún destes temas nesa época.




DEBUXO ARTÍSTICO
Rosa Rodríguez Seoane
Diatomeas, Coccolithofhoros y Dinoflagelados
Pedras e material de desfeita recollido na beira do mar, pintado con pigmente fosforecente

Os debuxos desta instalación están inspirados en tres tipos de microalgas mariñas: Diatomeas, Coccolithofhoros e Dinoflaxelados. Das primeiras chamoume a atención a diversidade de formas, a diferencia dos coccolithophoros, cuxa morfoloxía en esferas é extraordinaria pero homoxénea. Cos dinoflaxelados descubrín os efectos fosforescentes da bioluminiscencia.
As pedras pulidas que o mar volta á praia parecéronme o soporte ideal para plasmar estas microalgas. Ao longo de moitos días, despois de cada temporal e asistida pola atracción gravitatoria do sol e a lúa sobre o mar, descubrín centos de obxectos sobre a area e as rochas, coma pequeniños anacos de barro que nalgún momento foran tixolos… día tras día funos recollendo ata formar este puzzle. Os efectos dos cambios de luz conclúen este traballo.

 

19 de nov. de 2016

EMAO Proxectos 2016: Deseño e encaixe de palillos

Imos adiantando partes do catálogo da nosa exposición:


DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS
Dorinda Pérez Pousa
Chic & Casual
Peza 1 (Chic): zapato corte salón de tacón alto. Fío especial encaixe de cor negra e nude (948). Cordón prateado. Abalorios. Tapa de tacón forrada en coiro.
Peza 2 (Casual): bota (zapatilla) de deporte. Fío enceirado de cor branca e marrón claro. Fío especial encaixe color azul número 799. Cola de rato. Fío DMC Babylo 20 color branco. Sedón negro. Ollados metálicos como guía para o cordón da zapatilla.

¿Cómo camiñar ou tan sequera permanecer erguido sen algún obxecto que protexa os nosos pés? Este é o punto de partida elixido pola autora do proxecto, que intenta plasmar, a través do encaixe, un calzado de utilización cotiá pero, neste caso, cun efecto artístico, utilizado un material coma o fío que, pola súa natureza, no pode cumprir a función de protección. Así as dúas pezas aquí expostas, aínda que manteñen a forma do zapato e zapatilla, non se poden empregar para saír á rúa.
O proxecto consistíu na elaboración de dúas pezas de calzado totalmente diferentes: unha elegante (Chic) representada polo zapato de tacón alto, e outra máis informal e cómoda, a zapatilla de deporte (Casual). O proxecto tamén tiña a intención de mellorar e ampliar os coñecementos e intentar aplicar novos materias no encaixe de palillos.




DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS
Nati Tamayo Miguel
Mi gato posando
Fíos DMC de distintos tons
Utilizáronse distintos puntos; virís para o corpo, follas de guipur para os ollos, par enteiro para o bordo, medio par para as patas e punto da virxe para o rabo
DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS
Nati Tamayo Miguel
Mi gato por las ramas
DMC (babylo) grosor 20 cor crúa para o punto de filigrana do fondo, lás e fíos de distintas texturas para o resto
Utilizouse para o fondo punto da virxe, par enteiro para o bordo, medio par para as orelliñas, torchon e folla guipur para os ollos
DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS
Nati Tamayo Miguel
Mi gato jugando con una pelota
Fíos de DMC
Utilizouse para o fondo punto da virxe, par enteiro para o bordo, medio par para as orelliñas, torchon e folla guipur para os ollos

18 de nov. de 2016

Bases Concurso A Pedaliña 2017

Cartel gañador do concurso A Pedaliña 2016

Asociación A Golpe de Pedal (AGdP) e Concello de Vigo, coa colaboración da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), convoca o concurso de carteis anunciadores de A Pedaliña 2017.
Poderá participar no concurso o alumnado matriculado no curso 2016-2017 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, en Centros nos que se curse Bacharelato artístico nesta cidade e o alumnado da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Poderán presentarse de xeito individual ou en equipo.
O obxectivo deste concurso é seleccionar o cartel para a divulgación do programa do evento denominado A Pedaliña 2017, conxunto de actividades que se celebrarán o sábado 27 de maio, na contorna do monte do Castro de Vigo -con diferentes disciplinas ciclistas-, e o domingo 28 cunha marcha popular en bicicleta polas rúas da cidade.
Os traballos que se presenten deberán ser orixinais e inéditos, non presentados noutros concursos e que non supoñan, en todo ou en parte, copia ou plaxio de obras xa publicadas propias ou doutros artistas. Bases concurso A Pedaliña 2017.pdf

O prazo para a entrega dos traballos a concurso finalizará o día 18 de xaneiro de 2017, luns ás 13 horas.
 

15 de nov. de 2016

Presentación do libro "Un Globo de Novelos" de Loliña Chamadoira na Biblioteca


Este venres, 18 de novembro ás 20:00 h, presentación na hemeroteca da nosa Escola do novo poemario da escritora María Dolores González-Chamadoira, máis coñecida como Loliña Chamadoira. Un globo de novelos é un  poemario infantil inspirado nas vivencias da autora e nos recordos da súa infancia, ilustrado por Raúl Velloso.

14 de nov. de 2016

Algunhas Exposicións no Mes de Novembro en Vigo


1ª Exposición Colectiva do Proxecto Micro Museos Itinerante de Isabel Alonso.
Máis de trinta artistas expoñen as súas obras 
en tres espazos museísticos creados para este proxecto. 
Poderá visitarse ata o 3 de Decembro
 en Apo'strophe Sala de Arte da Praza Elíptica de Vigo. 
De luns a sábado de 18 a 21 horas.


Pinturas, intervencións e outras disquisicións...  
Tanatonato by Coloman productions.
Na Baiuca, rua Méndez Núñez, 11. Casco Vello. Vigo. 
Desde o 12 de novembro ata o 10 de decembro.


Ana Mirou, antiga alumna da nosa Escola, 
expón por primeira vez, 
"46 Cogumelos 100 x 100 rakú"
será o vindeiro 18 de novembro ás 21 horas.
Rúa Menéndez Pelayo, 36. Baixo.



 O Halcón Milenario presenta Recolección, de Laura López Balza
unha das pintoras novas españolas máis interesante.
Na Rúa Cervantes, 18 - 1ºD36201Vigo.
Pódese visitar os venres, 18 e 25 de novembro
 e o venres, 2 de decembro de 2016,
desde 20:30 a 23:30.  

11 de nov. de 2016

Imaxes da Inauguración da Exposición "Proxectos 2016"


A Mostra inaugurada hoxe na Sala de Exposicións da EMAO, o Espazo EMAO, recolle o producto final do desenvolvemento dos proxectos das especialidades de Cerámica artística, Serigrafía artística, Ourivaría, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Construcción de instrumentos-Gaita e Deseño e encaixe de palillos.
Un conxunto de obras de grande calidade, que supoñen a plasmación material dun ano de traballo de investigación, formación, conceptualización e fabricación baixo as premisas dos dous eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica e a creatividade.
 
Comisariado: Mestres das especialidades
Coordinación: Rafael Ojea Pérez
Cartel: Marian Nüñez
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo 

Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 11 de novembro ao 22 de decembro de 2016
Horarios: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables

10 de nov. de 2016

Imaxes da Montaxe da Exposición "Proxectos 2016"


Mañá venres, 11 de novembro ás 19:00 h, temos a inauguración da exposición "Proxectos 2016",  mostra dos proxectos artesanos e artísticos realizados polo alumnado que rematou os seus estudos do Nivel Avanzado das especialidades da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo no curso 2015-2016. 
Aquí tedes un pequeno adianto do que se vai a expoñer. Animarvos a vir!!!

Comisariado: Mestres das especialidades
Coordinación: Rafael Ojea Pérez
Cartel: Marian Nüñez
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo 

Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 11 de novembro ao 22 de decembro de 2016
Horarios: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables

9 de nov. de 2016

Iº Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe en Santiago de Compostela


Santiago de Compostela acolle o primeiro encontro internacional de cadernos de viaxe, unha iniciativa de Compostela Ilustrada organizada por Concello, Deputación da Coruña e Turismo de Santiago, baixo a dirección de Miguelanxo Prado. O programa completo pódese consultar en www.compostelailustrada.com

7 de nov. de 2016

Exposición "Proxectos 2016" no Espazo EMAO

Cartaz de Marian Núñez

Este próximo venres, 11 de novembro ás 19:00 h, inaugúrase a exposición PROXECTOS 2016, mostra dos proxectos artesanos e artísticos realizados polo alumnado que rematou os seus estudos do Nivel Avanzado das especialidades da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo no curso 2015-2016.
O Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implementou un novo nivel educativo, o Avanzado, destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado mediante a redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo mestre de cada especialidade.

A Mostra que se abre nestes días na Sala de Exposicións da EMAO, o Espazo EMAO, recolle o producto final do desenvolvemento deses proxectos, en concreto, das especialidades de Cerámica artística, Serigrafía artística, Ourivaría, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Construcción de instrumentos-Gaita e Deseño e encaixe de palillos.

Un total de 36 obras de grande calidade, que supoñen a plasmación material dun ano de traballo de investigación, formación, conceptualización e fabricación baixo as premisas dos dous eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica e a creatividade.
 
Comisariado: Mestres das especialidades
Coordinación: Rafael Ojea Pérez
Cartel: Marian Nüñez
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo 

Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 11 de novembro ao 22 de decembro de 2016
Horarios: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables

Máis sobre a Exposición Proxectos 2016

4 de nov. de 2016

"Polo Gusto de Cantar" editado pola Asociación Veciñal da Agra do Orzán na Biblioteca Emao


Onte recibimos estes dous cadernos agasallo da Asociación Veciñal da Agra do Orzán (A Coruña). Baixo o título "Polo gusto de cantar" recollen a actividade desta Asociación "AGRA" no seu intento por achegarse á nosa música tradicional, mergullándose na nosa cultura de tradición oral que nos foi transmitida a través de foliadas, romarías, festas familiares, cantos nas tabernas...
No primeiro caderno recóllense uns cen cantos, no segundo son douscentos, ademais do artigo "Encol da canción popular" que publicara o poeta Manuel María no semanario A Nosa Terra. Neste segundo caderno hai unha reprodución do capítulo sobre percusión da obra Instrumentos musicais populares galegos que publicou o Grupo didáctico-musical do Obradoiro-Escola de Instrumentos Musicais Populares Galegos dirixido por Antón Corral na época da Universidade Popular de Vigo.
Moitas grazas polo agasallo!