01/06/2012

III ENCONTRO DE ARTESÁNS NO COUREL


O 2 de xuño celebrarase na localidade de Vilamor a terceira edición do Encontro de Artesáns no Courel, entre os participantes haberá artesáns que traballan con materiais como a madeira, a pedra, o coiro, as cestas ou os téxtiles, así como algunhas pequenas empresas locais que elaboran derivados das castaña e outros produtos tradicionais. O programa de actividades comprenderá unha exhibición de cestería e actuacións musicais a cargo de grupos do Courel e Monforte.

EXPOSICIÓN "ABSTRACCIÓN SINE QUA NON" DOS ALUMNOS DE PINTURA DA EMAO

O alumnado dos distintos niveis da especialidade de Pintura da Escola  Municipal de Artes e Oficios de Vigo, organiza unha mostra colectiva cos  seus traballos pictóricos que, baixo o título "Abstracción Sine qua  non", terá lugar na sala de Exposicións do BBVA entre os días 1 e 21 de  xuño. A exposición está coordinada pola mestra de Pintura da EMAO, Paula Mariño. Unha oportunidade de apreciar os resultados creativos da aprendizaxe na  nosa Escola! 
DATOS EXPOSICIÓN
TÍTULO: Abstracción sine qua non 
LUGAR: Sala de Exposicións do BBVA (avd.  García Barbón, 2 -2º andar) 
DATAS: do 1 ao 21 de xuño 
HORARIO: de 17 a 21 horas de luns a venres

CLAUSURA DA EXPOSICIÓN DE TOÑO CAMUÑAS NO HALCÓN MILENARIO


        Unha peza de recente creación e a catro mans, durante estes días no Halcón Milenario
Venres, 1 de xuño, clausura da exposición e momentaneamente do espazo. Hai que recargar as pilas durante os meses de verán...
Para a ocasión, vaise contar coa intervención musical do dúo formado por Blanca Pombal ao piano e Oscar Rodríguez ao contrabaixo. A partir das 21:30 ofrecerannos un pequeno concerto de media hora. Ás 23:00 sorteo dous serigrafías de Toño Camuñas ... Todo isto amenizado con cervexa da terra e empanada de chocos. Haberá outros eventos, outras exposicións, pero nada comparado con isto...

31/05/2012

FANZINE GB5 Exposición no Espazo EMAO

O 22 de xuño inaugúrase unha nova mostra na Sala de Exposicións da EMAO que permanecerá ata o día 18 de setembro (agosto pechada).
A exposición é o resultado do proxecto de ideación e creación dun fanzine por parte de alumnado da especialidade de Serigrafía artística da Escola, baixo a dirección do seu mestre, Nelson Villalobos.
Nela despréganse os orixinais que se inclúen na publicación, bocetos e pantallas, para dar a coñecer os procesos de desenvolvemento da idea, creación, producción e impresión.
O comisario da exposición é un alumno da especialidade, Santiago Zubizarreta, que coordina ao grupo autor da revista.

TALLER ANIMACIÓN CINEMATOGRÁFICA STOP MOTION CON OBXECTOS DE PLASTILINA



Coa colaboración da Deputación de Pontevedra, a UIMP Galicia programou o taller Animación cinematográfica Stop Motion con obxectos e plastilina, dirixido por Virginia Curiá e Tomás Conde, directores de cine de animación, de Algarabía Animación, que terá como marco a sala de investigadores do Museo desde o 11 ao 15 de xuño. Máis información.

28/05/2012

EXPOSICIÓNS DOS ALUMNOS DE SERIGRAFÍA ARTÍSTICA DA EMAO

Este mes de maio foi moi favorable aos alumnos e ex-alumnos de serigrafía artística, estas son algunhas das súas exposicións:

Chus Láuzara coa súa serigrafía "Absolut Porto" na Exposiçao "Pintar O Porto"


 

Exposición de Mónica Carril no Café Rosa Negra en Vigo.



Exposición de Sergio Covelo no Bar Hipólito en Vigo



Exposición de María Mariño no Café Detrás do Marco en Vigo.

                          

Exposición de Alberto Granada e Yellice na tenda Llauna en Zaragoza.



Tamén é moi interesante a participación dalgúns alumnos en Artesolidaria.es a exposición da Asociación AVEMPO na Casa das Artes de Vigo


  PARABENS!!!  
Grazas a Emao Serigrafía Artística.

A ARTESANÍA COMO FACTOR INNOVADOR DO DESEÑO


NANI MARQUINA, deseñadora industrial que dirixe unha das empresas de deseño español máis internacional, impartirá unha conferencia o próximo 31 de Maio ás 20,00 horas, nela, introduciranos nos diferentes tipos de alfombras tradicionais, como se elaboran, e os tipos de nós que se utilizan nos distintos países, posteriormente exporá as técnicas que actualmente utilizan a través de vídeos e imaxes explicando o proceso, desde a inspiración, o deseño, fabricación artesanal e o seu resultado. 
LUGAR: SIRVENT en Gran Vía 129, Vigo. www.sirventvigo.com