Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola
Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a seguinte Convocatoria de
cursos de Verán a realizar entre os días 5 e 23 de xullo de 2021,
dirixidos ás persoas interesadas non matriculadas actualmente na EMAO,
que cumpran os requisitos indicados en cada un dos cursos.
¿Anímaste?
[Véxanse as condicións para a inscrición ao remate desta entrada]
CURSOS QUE SE CONVOCAN:
DEBUXO ARTÍSTICO E PINTURA: “MANCHA vs. LIÑA”
Impartido por Federico Fernández e Darío Basso, mestres destas especialidades na EMAO
Destinatarios/as: calquera persoa interesada
Datas: do 7 ao 22 de xullo de 10:00 a 13:00 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo:
Monográfico de iniciación á Creación Plástica que se centrará nas
posibilidades da liña e as súas alternativas complementarias coa
mancha.
Programa:
Obxectivo xeral: achegamento básico á liña e a mancha como vertebradores da imaxen plástica.
Obxectivos específicos:
- Analizar obras nas que o uso da liña e o uso da mancha sexan claves para a súa construcción
- Coñecer a linguaxe da liña e da mancha
- Coñecer as técnicas cas que abordar os debuxos no uso da liña e da mancha combinando os dous elementos
- Utilizar o recurso gráfico da liña a través da trama, o garabato e a textura visual
- Utilizar o recurso plástico da mancha para a integración da imaxen no espazo visual
- Realizar debuxos acabados utilizando estes recursos gráficos
Contidos
- Unha mirada á historia da representación plástica, desde o Renacemento ata o século XX
- A linguaxe gráfica básica da liña e a plasticidade da mancha
- A trama. O garabato. Os degradados. As texturas visuais
- Realización práctica do uso da liña e da mancha, a trama e a textura.
- Estudo e observación destes elementos a partir de debuxos de láminas
- Aplicación práctica dos recursos gráficos e plásticos destes elementos utilizando modelos naturais
Material a aportar polo alumnado:
block de debuxo A3 180/200gr. ou Canson c a grain ou fabriano academia
estilógrafos de varios grosores (custo estimado material a mercar polo
alumnado: 20 €)
Alumnado máximo: 15
CERÁMICA ARTÍSTICA E SERIGRAFÍA ARTÍSTICA: “TRANSFERIBLES: SERIGRAFÍA CERÁMICA”
Impartido por Miguel Vázquez e Alba Pardo, mestre e mestra da EMAO destas especialidades
Destinatarios/as:
persoas con coñecementos previos en cerámica ou serigrafía adquiridos
na EMAO ou acreditados presentando un currículum formativo
Datas: do 9 ao 22 de xullo, de 10 a 13,30 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: aproximación á serigrafía cerámica mediante as posibilidades da cuatricromía como proceso experimental
Programa:
Tratamento das imaxes elixidas: separación en canais e angulación de trama
Preparación da pantalla serigráfica, emulsionado, insolado, revelado, rexistro,
Estampación das tintas e da película de extracción,
Ancoraxe dos transfer sobre soporte cerámico
Esmaltado e cocción.
Material a aportar polo alumnado: Cinta adhesiva (de embalaxe e de pintor), acetato transparente de 42 x 60 cm aproximadamente, memoria USB (pendrive), luvas, regra de corte, cúter.
Alumnado máximo: 10
DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS E ARTESANÍA EN COIRO: “O FÍO NA PEL”
Impartido por Marian Nuñez e Pepe Pereira mestra e mestre destas especialidades na EMAO
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos de ningunha das materias.
Datas: do 5 ao 15 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas
Duración: 36 horas
Obxectivos:
Realizando un colar tipo Gola faremos unha pequena aproximación a
técnicas básicas das dúas especialidades mantendo un primeiro contacto
cos materiais.
Programa:
Artesanía en Coiro- ¿Qué é o Coiro? Definición e tipos
- ¿Qué é o curtido? Definición e tipos
- Aproximación ás técnicas decorativas
- O Repuxado
- O Modelado
- A costura de Guarnicioneiro
Deseño e Encaixe de Palillos (metodoloxía teórico-práctica)
- Materiais e ferramenta a empregar
- Deseño para a estrutura do encaixe
- Enchido dos palillos
- Realización básica do punto de tecido e cordóns (Par Enteiro)
- Engarzar o fío na peza de coiro para completar a peza realizada en coiro
- Remate do punto de tecido para unir coa pel
Material a aportar polo alumnado:
os consumíbeis que se solicitan, compraranse unha vez comece o curso,
pois adaptaranse ao que hai que crear. O fío se pode aproveitar o que
teñan ou mercar novo.
Custo de mercado aproximado do material: 18 €
Alumnado máximo: 10
CAIM-ZANFONA: “BANCO DE CARPINTEIRO”
Impartido por Xaime Rivas, mestre da EMAO da especialidade
Destinatarios/as: O curso está destinado a ofrecer un punto de arrinque a todas aquelas persoas que queren iniciarse na artesanía musical.
Datas: do 5 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo:
Manexar e preparar a ferramenta manual que se emprega en carpintaría e
por extensión na construción de instrumentos musicais de madeira.
Programa:
- Manexo de ferramenta do banco de carpinteiro a través da realización dos obxectos propostos
Material a aportar polo alumnado:
madeira de Faia (gasto e consumo compartido polo grupo de asistentes).
Taboleiro de contrachapado de 600x400x4mm (para emprego individual)
Alumnado máximo: 8
CAIM GAITA: “INICIACIÓN Á CONSTRUCIÓN DE PALLETAS”
Impartido por Carlos Corral, mestre da EMAO da especialidade
Destinatarios/as: persoas interesadas, en xeral, que non fixeran o curso habitual, e preferentemente gaiteiros/as.
Datas: do 5 ao 15 de xullo, de 10 a 14 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: Iniciarse na construción e posterior manipulado de palletas
Programa:
- Identificación e selección da cana
- Calibrado do interior das palas
- Conformación da estrutura, mecanizado e axuste do tudel
- Montaxe da palleta, elaboración e colocación do ferrete
- Desbaste das paletas, afinación
Material a aportar
polo alumnado: navalla e calibre (pe de rei) (prezo estimado de
mercado: o custo dependerá da calidade do que se merque, podendo oscilar
entre os 30 e os 50 €)
Alumnado máximo: 8
MODA E CONFECCIÓN: “NON SEI COSER UN BOTÓN”
Impartido por Emma Pintos, mestra da EMAO da especialidade
Destinatarios/as: calquera persoa interesada en aprender “costura de supervivencia”
Datas: do 12 ao 23 de xullo, de 9,30 a 13,00 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo:
Curso se introdución á costura. Nestas sesións trataranse as técnicas
básicas de costura a man e a máquina traballando sobre proxectos
sinxelos e prácticos.
Programa:
- Conceptos básicos de costura a man
- Ferramentas necesarias na caixa de costura
- Coser diferentes tipos de botóns
- Puntadas manuais básicas ( pespunte, puntada invisible, sobrefiado...)
- A máquina de coser:
- Partes da máquina
- Manexo da máquina
- Tipos de costuras
- Proxecto
1 mandil e o mantel - Proxecto 2 a bolsa da compra- Proxecto 3 a
mochila festivaleria- Proxecto 4 funda de tesoira e alfineteiro
Material a aportar polo alumnado:
alfinetes, agullas, cinta métrica,tesoira, dedal, e teas e accesorios
para os proxectos (serán especificados o primeiro día de clase)
Alumnado máximo: 14
TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA: “ESTAMPACIÓN E EDICIÓN DUNHA CARPETA DE GRAVADOS”
Impartido por Rosa García mestra da EMAO da especialidade
Destinatarios/as: persoas cun interese artístico no campo da arte gráfica e a edición
Datas: do 5 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: realización dunha tiraxe de gravados en relevo e confección dunha caixa e carpeta artística como concepto de obra orixinal.
Programa:
- O gravado en relevo
- Entintado e estampación nunha, dúas tintas e oco
- Realización dunha serie para a súa edición
- A importancia da presentación como parte da obra
- Elaboración dunha caixa co deseño axeitado aos gravados
- Establecer un diálogo entre contedor e contido
Material a aportar polo alumnado: linóleo, papeles de gravado, libreta de apuntes/debuxo, regla de corte (metálica) e cúter
Alumnado máximo: 8
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
INSCRICIÓN E CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS
Duración: 36 horas
Datas: entre o 5 e o 23 de xullo de 2021. Horario de maña (consúltense datas e horarios específicos)
Lugar: Aulas e talleres da Escola Muncipal de Artes e Oficios de Vigo
Prazas limitadas: ver número máximo de alumnos/as na convocatoria específica
Inscrición:
Ata o 1 de xullo
Gratuíta
Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles para ser admitido/a):
- No "Asunto": [nome do curso]
- Nome e apelidos do/a solicitante:
- DNI:
- Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
- Anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO: [só curso de Cerámica e Serigrafía]
- Acreditación
de coñecementos previos mediante currículum (ou enlace a páxina web
persoal), só no caso dos cursos nas que se requira experiencia ou
coñecementos previos.
Admisión de solicitudes:
- Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2020-2021
- Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
- Só
serán válidas as solicitudes que non cumpran estritamente as condicións
indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto.
- A inscrición farase por estrita orde de recepción do correo
electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas [agás
naqueles cursos nos que se esixa coñecemento ou experiencia previa, que
deberán pasar polo filtro previo de cumprir este requisito]
- A
confirmación da matrícula realizaraa a EMAO exclusivamente por correo
electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso,
convocarase á lista de reserva.
Será obrigatorio o cumprimento das
normas de prevención COVID-19 da EMAO.