16 de dec. de 2010

NA PUNTA DO PÉ, O 1º TRABALLO MUSICAL DE PESDELÁN


NA PUNTA DO PÉ é o título do primeiro traballo musical de Pesdelán. Un libro-cd-dvd que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo. Disposto a recuperar a cultura participativa das festas, este curioso grupo pretende que o público -cativos e maiores- se poña a bailar. A obra, editada en Galicia e mais en Portugal (“Pezinhos de lã”) por KALANDRAKA, conta con ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos artistas plásticos máis relevantes do actual panorama artístico portugués. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario