3 de xan. de 2011

EXPOSICIÓN DOS DEBUXOS DE BALDOMERO PESTANA



Ata o 9 de xaneiro aínda  pódese  visitar a exposición de debuxos de Baldomero Pestana, na Sala de Exposicións I do Centro Social Caixanova de Vigo (Policarpo Sanz, 26).
A exposición que presenta Caixanova consta de 35 debuxos nos que Baldomero Pestana fai gala do seu gran virtuosismo, imaxes hiperrealistas con algunhas naturezas mortas ao óleo. Neles non hai retratos de celebridades, senón máis ben de pobres, vagabundos, indíxenas de Perú, hippies, anacos da vida da rúa de París... Están realizados con lapis de grafito sobre papel bristol e transmiten orde, perfección, documentan unha sociedade e configuran auténticas xoias do debuxo.

1 comentario:

  1. Exposicion interesentisima e dibuxos moi sorprendentes, sobre todo o tamaño das obras espostas

    ResponderEliminar