14 de xan. de 2011

A FUNDACIÓN PENZOL E GALAXIA HOMENAXEAN A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO


O Centro Social Novacaixagalicia de Vigo acolle esta tarde, a partir das 19:30 horas, o acto de homenaxe que a Editorial Galaxia e a Fundación Penzol lle dedican a Francisco Fernández del Riego. E no mesmo falarán Ramón Villares Paz (presidente do Consello da Cultura Galega), Xosé Luis Méndez Ferrín (presidente da RAG), Manuel Bragado (presidente da Asociación Galega de Editores), Xosé Luis Franco Grande (académico, en representación dos primeiros seareiros da biblioteca Penzol), Malores Villanueva (filóloga, en representación das novas promocións de investigadores), Marián Vidal (directora técnica da Biblioteca e Arquivo Penzol, que durante anos traballou con Del Riego), Xesús Alonso Montero (académico), Benxamín Casal (vicepresidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia) e Alfonso Zulueta (vicepresidente da Fundación Penzol). Conducirá o acto o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. No acto proxectarase un video con imaxes do falecido e poderá escoitarse a súa última intervención pública. Ademais, distribuirase unha publicación que recolle as homenaxes escritas que recibiu a súa figura logo do falecemento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario