Buried filme dirixido polo ourensán Rodrigo Cortés é un dos catro filmes que optan a un Goya á mellor película deste ano nos premios que concede a Academia do Cine española. Cortés está nominado ademais á mellor dirección, mellor montaxe e mellor canción orixinal. Luís Tosar compite na categoría de actor protagonista polo seu traballo en También la lluvia. Pola súa banda, A tropa de trapo, participada por Continental Films, competirá na categoría de mellor filme de animación, mentres Vicenta, participada por Ignacio Benedeti Cinema, pode levar o premio a mellor curtametraxe de animación. Ademais, a produción Chico e Rita, realizada polo Estudio Mariscal, conta co traballo do debuxante galego Alberto Guitián.
(Información obtida de Culturagalega.org)
Ningún comentario:
Publicar un comentario