24 de mar. de 2011

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NA NOVA PINACOTECA DE VIGO


A nova pinacoteca de Vigo abrirá as súas portas o vindeiro 26 de marzo, posta en marcha pola Tenencia de Alcaldia e as concellerías de Patrimonio Histórico e Cultura, o novo centro expositivo acollerá unha selección de obras de pintura e escultura dos fondos municipais que representan o mellor da arte galega contemporánea.
A nova pinacoteca ubícase nos números 8, 10 e 12 da rúa Abeleira Menéndez, no Pazo de Arias Taboada, unha construción do século XVII. O inmoble ten unha superficie total construída de 1.542 metros cadrados e unha superficie expositiva de 1.475 metros cadrados. Estará distribuído en baixo, tres andares, unha entreplanta técnica e un pequeno cuarto andar que se corresponderá coa torre do pazo, de xeito que terá sete salas de exposición e catro galerías expositivas.
A nova Pinacoteca sumase a celebración da Festa da Reconquista, as persoas que se acheguen ata ela poderán gozar dunhas xornadas de portas abertas os días 26 e 27 de marzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario