06/04/2011

PRÓXIMAS EXPOSICIÓNS NO MARCO


O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), comprácese en convidarnos á inauguración de dúas exposicións:


Wilfredo Prieto

Esquerda / Dereita, 2011
126 pacas de palla de cebada
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Foto: MARCO/Enrique Touriño

A exposición de Wilfredo Prieto é a segunda do ciclo "ENTRAR NA OBRA", que se desenvolverá ao longo de varios meses nas salas do primeiro andar, e cuxo título está tomado da célebre peza de Giovanni Anselmo Entrare nell’opera (1971). O paradoxo que rodea o concepto de espectador e que o sitúa entre a pasividade e a acción é o punto de partida desta serie de proxectos, que analizan ao público, ao visitante, ao  espectador, á audiencia, como un elemento inherente á obra. 

Datas: 8 de abril - 5 xuño 201
Lugar: Sala de Exposicións do primeiro andar


HOTEL MARCO

Un proxecto de Michael Lin & rvr arquitectos

MARCO, Vigo, Espazo Anexo, 2011
Foto: MARCO/Enrique Touriño

É un proxecto de Michael Lin & rvr Arquitectos, a idea deste proxecto xorde da oportunidade de reformar un lugar xa existente e de dotar ao museo dun espazo habitable concibido como proxecto artístico, para poder invitar a comisarios, artistas e investigadores a coñecer o noso contexto, dentro dun programa de residencias. Ademais, calquera persoa interesada poderá utilizalo como cuarto de hotel propiamente dito, logo de reserva e pagamento de tarifa, e gozar da experiencia de albergarse dentro dun espazo expositivo pensado como obra de arte, situado á vez dentro e fóra das instalacións do Museo.

Datas: 8 de abril - 31 outubro 2013
Lugar: Espazo anexo

Ningún comentario:

Publicar un comentario