A Biblioteca da Emao deséxavos unhas felices vacacións a todos, lembrádevos que o 1 de setembro abrirá de novo as súas portas aos alumnos, aos profesores e a todas aquelas persoas interesadas na arte e nos oficios artísticos. Que teñades todos un bo verán.
31 de xul. de 2011
27 de xul. de 2011
PRESENCIA GALEGA NA SEMANA NEGRA DE XIXÓN
![]() |
| Autor do cartel Miguelanxo Prado |
A literatura e a banda deseñada representan a Galicia na Semana Negra de Xixón. Diego Ameixeiras e Manolo Rivas pola banda da literatura e Miguelanxo Prado, Carlos Portela, Fernando Iglesias Kohell e Kiko da Silva desde o campo da banda deseñada compoñen o groso da presenza galega na Semana Negra de Xixón. Mentres Rivas, finalista no premio Hammett de Novela negra con "Todo é silencio", e mais Ameixeiras presentarán os seus últimos traballos, Prado realizou o cartel do coñecido festival cultural e os demais autores colaboraron con diferentes historias na publicación do encontro, "La Frontera". Pola súa banda, o xurado do premio Serie B de poesía acordou no marco do festival outorgarlle este galardón á galega Estíbaliz Espinosa polo seu poemario "Proceso a la carne humana". (Cultura galega.org)
25 de xul. de 2011
PREMIO INTERNACIONAL DE PINTURA FOCUS-ABENGOA 2011
A Fundación Fondo de Cultura de Sevilla (Focus-Abengoa) convoca o Premio Internacional de Pintura Focus- Abengoa 2011. Prazo de admisión das inscripcións ata o 20 de setembro.
22 de xul. de 2011
MOSTRA DE ARTESANÍA E MÚSICA NO PROXECTO "NO VERÁN, GALICIA"
![]() |
| Foto J. Lores |
Unha mostra de artesanía e música tradicional abre o proxecto "No verán, Galicia". O Corte Inglés deu comezo onte ao programa "No verán, Galicia", co que reunirá o mellor da arte, cultura e gastronomía que forman os acenos de identidade da comunidade ata o 20 de agosto.
Desde a inauguración, ás 19.00, o público puido contemplar unha exposición pictórica que alberga cadros de Laxeiro, Vidal Souto ou Granell, entre moitos outros. Ademais, o cesteiro Antonio Suárez, o oleiro Elías González, a modista Patricia González e o gravador Rosendo González mostraron aos presentes na rúa Gran Vía o seu modus operandi creando pezas únicas en directo.
Tamén houbo espazo para a música. O grupo Talabarte, formado por Quim Farinha (Berrogüeto), Pedro Pascual (Marful) e Kim García (Susana Seivane), imprimiu o seu ritmo á faena dos artesáns. (Faro de Vigo)
Tamén houbo espazo para a música. O grupo Talabarte, formado por Quim Farinha (Berrogüeto), Pedro Pascual (Marful) e Kim García (Susana Seivane), imprimiu o seu ritmo á faena dos artesáns. (Faro de Vigo)
21 de xul. de 2011
ALGUNHAS EXPOSICIÓNS PARA VISITAR DURANTE AS VACACIÓNS DO VERÁN
ANTONIO LÓPEZ NO MUSEO THYSSEN-BORNEMISZA
Exposición retrospectiva do pintor Antonio López no Museo Thyssen-Bornemisza do 28 de xuño ao 25 de setembro de 2011.
M.C. ESCHER EN GRANADA
A exposición M.C. Escher "Universos infinitos" en Granada, do 29 de marzo de 2011 ao 8 de xaneiro de 2012 , ten dúas sedes, no Parque das Ciencias e na Alhambra na Capela do Palacio de Carlos V.
20 de xul. de 2011
X EDICIÓN DA FEIRA DAS ARTES PLÁSTICAS DA CORUÑA
A Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA), organiza por décimo ano consecutivo a “X Feira Das Artes plásticas Da Coruña” que se celebra no Cantón Pequeno da Coruña do venres 15 ao luns 25 de xullo, e que xa é un clásico no verán coruñés.
Este ano serán moitas as novas da Feira xa que serán preto de 35 os expositores, dez máis que en pasadas edicións, ademais de presentar unha importante renovación dos artistas xa que a metade exporán por primeira vez. así, ós clásicos GERARDO FRAGA, TERESA AÑÓN, PACO ASCÓN, PEDRO BUENO, RAMÓN ASTRAY, ABALDE, MANUEL GANDULLO, ÁNGELES JORRETO, LAUREANO VIDAL, VÁZQUEZ PRATS, TERESA FAGINAS, BEGO TOJO, TINO POZA, PILAR FANDIÑO, JOSÉ CABELLO, VANESSA LODEIRO, BEATRIZ ANSEDE, ÓSCAR CABANA, NOVAIS e CHELO RODRIGUEZ, se lles suman este ano importantes artistas como EMILIO CELEIRO, RAÚL ÁLVAREZ, SUSANA DE ARTAZA, ÁNXELA PÉREZ MEILÁN, RAMÓN IRIBARNEGARAY, RAFAEL NADALES, ENRIQUE VÁZQUEZ FREIRE, MANUEL VILLARINO, UXÍA VEIGA e ENRIQUE TENREIRO.
16ª EDICIÓN DA BIENAL DE CERVEIRA
Dende o 16 de xullo e ata o 17 de setembro estase a celebrar a 16ª edición da Bienal de Cerveira, o lema deste ano é "Redes 2011", nesta edición ademais de Vilanova da Cerveira ten tamén representación en Oporto e Vigo. O programa inclúe un concurso internacional de artistas, exposicións, workshops, música, conferencias, residencia de artistas ... moita arte e moita creatividade.
PABLO OTERO PINO GAÑA O 3º PREMIO AS MELLORES ENCADERNACIÓNS ARTÍSTICAS DO ANO 2011
| 3º Premio As Mellores Encadernacións Artísticas 2011, Pablo Otero Pino |
O Ministerio de Cultura concedeu onte, 19 de xullo, os Premios as Mellores Encadernacións Artísticas 2011. O primeiro premio foi para Zigor Anguiano Calzada pola encadernación presentada baixo o lema Nocturno. O segundo premio foi para Eduardo Giménez Burgos pola encadernación presentada baixo o lema Plantín bold, e o terceiro premio foi para Pablo Otero Pino, noso mestre de encadernación artística, pola obra presentada baixo o lema Soledad.
A obra obxecto de encadernación na convocatoria do Premio desta edición era Paraíso inhabitado, de Ana Mª Matute, Premio de Literatura en Lengua Castellana Miguel de Cervantes 2010. Parabéns!!!
19 de xul. de 2011
10 ANOS DE CERÁMICA CONTEMPORÁNEA NO MUSEO GONZÁLEZ MARTÍ DE VALENCIA
Dende o 13 de xullo ata 18 de setembro de 2011 pódese visitar no Museo Nacional de Cerámica González Martí de Valencia a exposición 10 Anos de Cerámica Contemporánea, a exposición está promovida polo Taller-Escuela de Cerámica de Muel, dependente da Diputación de Zaragoza e o museo valencia, ten o seu punto de partida en Cerco e repasa cun percorrido por 27 pezas, a evolución artística da última década, dende traballos escultóricos ata propostas máis formais, dende liñas conceptuais a aquelas que se apoian nas técnicas específicas da cerámica.
O DESEÑADOR GALEGO MANUEL BOLAÑO GAÑA O PREMIO DE 080 BARCELONA FASHION
![]() | ||
| Foto-composición luiselotte.com |
O gañador da pasarela catalana máis importante é o deseñador galego Manuel Bolaño, que foi galardoado co Premio 080 Barcelona Fashion polas súas creacións pensadas para a muller da primavera-verán de 2011, anegada de cores e flores. Canda Bolaño, Karlotalaspalas foi premiado pola súa proposta para o público masculino.
15 de xul. de 2011
NELSON VILLALOBOS LERÁ O PREGÓN DAS FESTAS DE BOUZAS
O noso mestre de serigrafía artística, o pintor cubano Nelson Villalobos, será o encargado de ler o pregón das Festas de Bouzas 2011, será esta noite ás 21,15 h, substitúe nesta labor ao Ministro de Fomento e Portavoz do Goberno, José Blanco. Villalobos é recoñecido como un dos mellores expoñentes da plástica cubana dos anos 80 e imparte ensinanza na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) dende hai dous anos.
13 de xul. de 2011
PREMIOS DE XORNALIMO PATROCINADOS POR NOVACAIXAGALICIA
O XXXIII Premio de Periodismo Julio Camba e o IX Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego acollerán artigos propios do chamadado xornalismo literario e de opinión, publicados, con nome ou pseudónimo, en calquera medio de comunicación impreso ou dixital de cabeceiras recoñecidas, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 2011. En castelán o primeiro, en lingua galega o segundo.
XXI CONCURSO DE PINTURA CEREZO MORENO 2011
CLAUSURA DE ARTE NO MORRAZO 2011
O vindeiro venres día 15 de xullo tera lugar a clausura de Arte no Morrazo 2011, coa entrega de premios e distincións na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas, ás 20 horas.
8 de xul. de 2011
EXPOSICIÓN "VILAGRAFÍAS" NO VERBUM
Dende o 7 de xullo ata o 11 de setembro pódese visitar no Verbum - Casa das Palabras a exposición Vilagrafías de Anxo Cabada. "Vilagrafías é unha recreación poético-fotográfica da xeografía visual e sentimental das vilas e cidades galegas. A partir das palabras dos escritores e escritoras que naceron, viven ou senten as vilas, e dende a experiencia cultural e vital, as fotografías son coma un mergullo nos lugares. Neles a imaxe e a sombra chegan a fundirse coa cidade, para facer un exercicio de reflexión sobre os espazos de dentro-fóra, día-noite, observador-actor, tentando recrear o labirinto da cidade, onde fotografía e poesía, nun camiño que transcorre en vías paralelas, buscan a súa propia expresión, a expresión da procura do noso imaxinario".
7 de xul. de 2011
VERÁN FOTOGRÁFICO 2011
Verán fotográfico é un completo programa de actividades didácticas gratuitas composto por obradoiros para familias con rapaces, campamentos semanais durantes os meses estivais e visitas guiadas abertas a grupos e ao público xeral, arredor das dúas exposicións de fotografía que amosa a Fundación Barrié.
6 de xul. de 2011
FESTA FIN DE CURSO 2010-2011
Estas son algunhas das fotos da Festa de Fin de Curso que se celebrou no patio interior da Emao o pasado xoves 30 de xuño e que contou coa actuación do grupo "Ignorantes".
5 de xul. de 2011
OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN NO MARCO
Hoxe martes 5 de xullo
Comeza no MARCO o programa de obradoiros infantís de verán
"Un museo paralelo"
Comeza no MARCO o programa de obradoiros infantís de verán
"Un museo paralelo"
A partir de hoxe martes 5 de xullo comezan no MARCO os obradoiros infantís de verán, co obxectivo de achegar aos máis pequenos as obras dos artistas presentes no Museo. A través de percorridos por salas, e de divertidas sesións no "Laboratorio das Artes", os participantes traballan as súas habilidades e capacidades de observación, reflexión e interpretación da arte contemporánea.
DESTINATARIOS: público infantil a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas.
DATAS: do 5 ao 29 de xullo de 2011
LUGAR: Laboratorio das Artes
HORARIO: martes, mércores, xoves e venres, de 12.00 a 14.00
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo.
Hora límite de entrada: ás 12.15
"O ESPAZO INTERMEDIO" EXPOSICIÓN NO MACUF
Dende o pasado 30 de xuño ata o vindeiro 30 de outubro pódese visitar no MACUF (Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa) a exposición "O Espazo Intermedio", un proxecto expositivo que trata de revelar a importancia do espazo entre as cousas, os tempos, a obra e o espectador. Esta exposición pretende analizar a noción de Espazo Intermedio proposta polo filósofo francés Jacques Rancière.
1 de xul. de 2011
NOVAS INCORPORACIÓNS AO CATÁLOGO DA EMAO
A Biblioteca da Emao segue medrando coa incorporación de novos títulos a súa colección especializada en artes e oficios artísticos. Animádevos a consultar o noso catálogo en rede. A nosa biblioteca estará aberta aos alumnos todo o mes de xullo de 9 a 14 h.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)







