20 de xul. de 2011

X EDICIÓN DA FEIRA DAS ARTES PLÁSTICAS DA CORUÑA


A Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA), organiza por décimo ano consecutivo a “X Feira Das Artes plásticas Da Coruña” que se celebra no Cantón Pequeno da Coruña do venres 15 ao luns 25 de xullo, e que xa é un clásico no verán coruñés.  
Este ano serán moitas as novas da Feira xa que serán preto de 35 os expositores, dez máis que en pasadas edicións, ademais de presentar unha importante renovación dos artistas xa que a metade exporán por primeira vez. así, ós clásicos GERARDO FRAGA, TERESA AÑÓN, PACO ASCÓN, PEDRO BUENO, RAMÓN ASTRAY, ABALDE, MANUEL GANDULLO, ÁNGELES JORRETO, LAUREANO VIDAL, VÁZQUEZ PRATS, TERESA FAGINAS, BEGO TOJO, TINO POZA, PILAR FANDIÑO, JOSÉ CABELLO, VANESSA LODEIRO, BEATRIZ ANSEDE, ÓSCAR CABANA, NOVAIS e CHELO RODRIGUEZ, se lles suman este ano importantes artistas como EMILIO CELEIRO, RAÚL ÁLVAREZ, SUSANA DE ARTAZA, ÁNXELA PÉREZ MEILÁN, RAMÓN IRIBARNEGARAY, RAFAEL NADALE​S, ENRIQUE VÁZQUEZ FREIRE, MANUEL VILLARINO, UXÍA VEIGA e ENRIQUE TENREIRO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario