21/10/2011

"PROXECTO VISIBILIDADE" NA UNIVERSIDADE DE VIGO


A Universidade de Vigo apoia un proxecto para visibilizar a obra de mulleres artistas. Trátase dun proxecto destinado a apoiar ás mulleres que desexan comezar a súa andaina no campo da arte; facilitando a súa incorporación ao espazo artístico profesional, buscando redes de difusión, promovendo e dando visibilidade aos seus traballos. A iniciativa, con forma de exposición, inaugúrase hoxe ás 12.30 horas na área comercial do Campus de Vigo, onde se exhibirán reproducións de obras de seis autoras nas cristaleiras dos locais reproducidas en lonas. Nesta primeira edición participan 26 artistas formadas na Universidade de Vigo: Aída Donoso, Alejandra Tomé , Ana Ferrer, Andrea Outeiral, Ángeles Díaz Seoane, Carla Vijande, Carlota Salgado, Clara Baltasar Afonso, Cristina Ramírez, Gema López, Lara Acevedo Cal, Laura Rodríguez Cochón, Lucía Graña Álvarez, Margarita Araújo Fervenza, María Arias Rei, María Branco da Cruz , Marta Bran, Marta Fortes, Sabela Camiña Castro, Sandra Martínez Iglesias , Sara Donoso, Sara Goberna Crespo, Sheila Pazos, Úrsula Pequeno, Verónica Leis e Victoria Couso. O proxecto esténdese aos tres campus da Universidade de Vigo, xa que en cada un deles instalaranse nos vestíbulos expositores con postais que reproducen os traballos das outras 20 artistas e que se poden levar gratis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario