03/11/2011

ARTFUTURA 2011, NO MARCO



Como cada ano por estas datas, chega a XXI edición do festival de Cultura e Creatividade Dixital ArtFutura 2011 que este outono ten por titulo “Repasando o Futuro” para explorar os proxectos e as ideas máis importantes xurdidas no último ano no panorama internacional do new media e a cultura dixital. 
Do seu programa audiovisual destaca o documental “Connected” de Tiffany Shlain (fundadora dos premios Webby), un fascinante documental sobre a incidencia das novas tecnoloxías nas nosas vidas. O filme, que se presentou no Sundance deste mesmo ano, estréase en ArtFutura en versión orixinal subtitulada.
Ademáis do documental “Connected”, ArtFutura 2011 ten como protagonista especial un dos novos documentais sobre cultura dixital: “Press, Pause, Play”. Así como a nova obra de animación de Rosto “The Monster of Nix” con voces de Terry Gilliam e Tom Waits e música de The Residents.


Ningún comentario:

Publicar un comentario