16 de nov. de 2011

DÍA MUNDIAL EN RECORDO DAS VÍTIMAS DE ACCIDENTES DE TRÁFICO



O Departamento de Educación Vial da Policia Municipal de Vigo envianos a relación de actos organizados co gallo dá celebración do Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico
  • Venres 25 de novembro, as 18:00 horas, no auditorio do Centro Cívico de Teis. Entrada libre ata completar aforo (300 persoas): proxección documental “Dous de vintetantos. Contra a indiferencia e o esquecemento”, dirixido e producido por Manu Mayo. Será presentado por Jeanne Picard, Delegada en Galicia da ONG "STOP Accidentes".
  • Domingo 27 de novembro, a partir das 10:00 horas, acto central do Día Mundial en Recordo das Vítimas dos Accidentes de Tráfico.
      - 10:00 horas: marcha ciclista cun percorrido de 9 km., con saída dende Montero Ríos e  chegada a Praza do Rei. Concentración no punto de saída a partir das 9:30 horas.
       - 11:00 horas: marcha motorista, con saída dende o Parque da Guía e chegada a Praza do Rei. Concentración no lugar de saída a partir das 10:30 horas.
      - 11:40 horas (Praza do Rei): Concentración en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario