30 de xan. de 2012

ADEUS A UN DOS GRANDES ARTESÁNS GALEGOS DA GAITA



Xosé Manuel Seivane Rivas, un dos grandes artesáns galegos da gaita e avó da gaiteira Susana Seivane, faleceu o pasado 27 de xaneiro aos 90 anos.
Nacido en Fonmiñá-A Pastoriza (Lugo) en 1921, Xosé Manuel Seivane foi o impulsor dunha das sagas de artesáns recoñecidas dentro do mundo da gaita.
A tradición artística dos Seivane continúa coa súa neta, a gaiteira Susana Seivane.
Xosé Manuel Seivane Rivas, todo un nome dá gaita galega, recibiu sepultura este domingo en Ribeira de Piquín arrodeado de xente que non ou esquecerá. "Somos os gaiteiros de Seivane", promulgaron os instrumentistas, "os seus fans e os seus fillos", dixeron formando un círculo máxico de instrumentos e de música, co que quixeron despedir ó vello druída.

Ningún comentario:

Publicar un comentario