25 de xan. de 2012

EN MARCHA AS VOTACIÓNS AS MELLORES BANDAS DESEÑADAS DE 2011


Están en marcha as votacións para escoller as mellores bandas deseñadas de 2011 que convoca cada ano o web Entrecómics. Ata o vindeiro 31 de xaneiro, calquera internauta pode votar nas quince categorías abertas e propor os nomes que considere oportunos. Deste xeito, están xa a concurso obras de autores galegos como Aventuras de un oficinista japonés de José Domingo ou El héroe de David Rubín entre outros. Os galardóns, que polo seu carácter popular están a se consolidar entre os mellor considerados do Estado, contan tamén para unha categoría dedicada a obras publicadas en catalán, euskera e galego.
As editoras galegas Demo e El Patito Editorial achegan ao certame cadanseu lote de obras que se sortearán entre os votantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario