20 de xan. de 2012

IBERJOYA O SALÓN INTERNACIONAL DE XOIERÍA, PLATERÍA, RELOXERÍA E INDUSTRIAS AFÍNS



As últimas propostas de moda en xoiería para a tempada primavera-verán de 2012 terán novamente o seu mellor referente en IBERJOYA, o Salón Internacional de Xoiería, Platería, Reloxería e Industrias Afíns que se celebrará do 1 ao 5 de febreiro de 2012 no Pavillón 10 da Feira de Madrid. Unha vez máis, este salón, organizado por IFEMA, ofrecerá ao mercado unha interesante perspectiva de novidades e tendencias do sector, nas que cobra gran relevancia unha nova expresión da xoiería repleta de deseños e materiais moi versátiles, adaptados á demanda dos novos tempos, tanto nas coleccións de alto nivel como nas liñas orientadas ao gran consumo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario