19 de xan. de 2012

JANDRO VILLA PRESENTA A SÚA COLECCIÓN DE MODA EN PARÍS


Who´s next? é unha das grandes citas da moda do Prêt-à-porter que contabiliza a asistencia de centos de marcas. O salón arrinca esta fin de semana en París e contará coa presenza de Jandro Villa (Vigo, 1982) que representará a España por ser galardoado recentemente co Premio Nacional de moda de Novos Deseñadores. Nesta ocasión, Villa presentará Infraleve, unha colección inspirada neste concepto acuñado por Marcel Duchamp. Alí ofrecerá cincuenta estilismos caracterizados por liñas rectas, superposicións e tonalidades grisáceas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario