12 de xan. de 2012

O ESCULTOR PONTEVEDRÉS, NANDO ÁLVAREZ REALIZARÁ UNHA ESCULTURA DE OBRA PÚBLICA EN EXIPTO


Un artista pontevedrés elaborará unha escultura de obra pública en Exipto. O vindeiro 18 de xaneiro, o escultor pontevedrés, Nando Álvarez (Tomiño, 1975), desprazarase a Asuán (Exipto) para participar nun simposio de escultura monumental. Alí realizará unha obra en granito exipcio de gran tamaño que pretende representar o movemento das augas. Estará nese país durante mes e medio, tempo que lle levará facer a súa proposta. Non é a primeira vez que Álvarez acode a un simposio destas características, xa que seguindo ese formato (a entidade convocante sufraga a estadía e material dos artistas para executar as obras seleccionadas) ten elaborado seis obras en China e unha na India.

Ningún comentario:

Publicar un comentario