16 de xan. de 2012

PRÓXIMA EXPOSICIÓN NO MARCO: "PRESENZA ACTIVA. ACCIÓN, OBXECTO E PÚBLICO


PRESENCIA ACTIVA é unha mostra colectiva coproducida por MARCO de Vigo e LABoral de Gijón, comisariada por Sergio Edelsztein e Kathleen Forde, que aborda as diferentes relacións entre acción/performance e instalación, como disciplinas artísticas.  
Nesta ocasión, a inauguración terá un carácter moi especial e articularase en tres xornadas consecutivas, xoves 9, venres 10 e sábado 11 de febreiro, durante as que se irán activando as obras. As obras que conforman a exposición PRESENZA ACTIVA sitúanse ao longo deste eixe. Atopamos nun extremo propostas máis teatrais, nas que o espectador asume un rol pasivo; e noutro, aquelas nas que o público se involucra totalmente. En medio, diferentes posibilidades de relación entre ambas as dúas, e co espazo e a contorna que comprende a obra. Con excepción das pezas de John Bock e de La Ribot, o resto das obras son novas producións específicas para este proxecto.  
Estes son os artistas participantes, Maja Bajević, John Bock, Gary Hill, Thom Kubli, Sergio Prego, Mads Lynnerup, Alastair MacLennan, La Ribot, Carlos Rodríguez-Méndez, Sue-C+AGF.


Ningún comentario:

Publicar un comentario