23 de xul. de 2012

Premio Internacional de Pintura Focus-Abengoa 2012



A Fundación Fondo de Cultura de Sevilla (Focus-Abengoa) convoca o Premio Internacional de Pintura Focus-Abengoa, dotado con 36.000 euros repartidos do seguinte xeito: un primeiro premio de 24.000 euros e dous accésit de 6.000 euros cada un. O tema é libre e poderá empregarse calquera técnica pictórica. Cada artista presentará unha soa obra que será orixinal e realizada durante os anos 2010 e 2011. Quen desexen participar neste certame internacional, un dos de maior dotación e prestixio do panorama artístico español, deberán formalizar unha inscrición previa cuxo prazo conclúe o 20 de setembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario