8 de mar. de 2013

8 de Marzo, Día Internacional da Muller


O Día Internacional da Muller Traballadora ou Día Internacional da Muller conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Celébrase o día 8 de marzo. 
O 28 de febreiro de 1909 celebrouse por primeira vez en Estados Unidos o Día das mulleres socialistas tras unha declaración do Partido Socialista dos Estados Unidos. En agosto de 1910 a II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, reunida en Copenhague, reiterou a demanda de sufragio universal para todas as mulleres e, a proposta da socialista alemá Luise Zietz, aprobouse a resolución proposta por Clara Zetkin proclamando o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller Traballadora. A proposta de Zetkin foi apoiada unánimemente pola conferencia á que asistían máis de 100 mulleres procedentes de 17 países, entre elas as tres primeiras mulleres elixidas para o parlamento finés. O obxectivo era promover a igualdade de dereitos, incluíndo o sufragio para as mulleres.
 No ano 2011 Nacións Unidas comezou a poñer consignas dedicatorias ás xornadas do Día Internacional da Muller Traballadora, este ano 2013 celébrase baixo o lema:
Unha promesa é unha promesa: momento de pasar á acción para acabar coa violencia contra as mulleres

Ningún comentario:

Publicar un comentario