18 de mar. de 2013

Exposición "Ensamblaxe e Colaxe en Galicia" na Fundación Laxeiro


Ensamblaxe e colaxe en Galicia tenta facer unha revisión desta técnica no panorama artístico galego actual. Como acontece en toda exposición colectiva que xira en torno a un tema concreto (neste caso, máis que un tema, unha técnica) esta exposición non pretende ser un inventario de todos os autores que nalgún momento abordaron este procedemento, senón que se centra naqueles nos que a ensamblaxe ou o colaxe, son elementos constantes e definitorios no seu traballo. O interesante deste proxecto é a confluencia de artistas de xeracións diferentes e mesmo con intereses artísticos moi dispares que, en conxunto, ofrecen unha mirada heteroxénea acerca dos camiños a seguir na actualidade, na arte que se realiza a partir da montaxe de elementos de naturezas e orixes diferentes. 
Artistas: Colin Baldwin, Misha Bies Golas, Luis Bueno, Tono Carbajo, Samuel Castro, María Chenut, Rosendo Cid, Santiago Mayo, Rosa Úbeda, Xosé Carlos Barros, Miguel Mosquera, Pablo Orza, Pelucas, Enrique Saavedra, Teo Soriano.
Ata o 28 de abril na Fundación Laxeiro (C/ Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario