19 de mar. de 2013

Homenaxe a Xosé Francisco Armesto Faginas

Xosé F. Armesto Faginas (1945-2006)
Diferentes sectores da cultura, política e sociedade galega reuníronse ou pasado 15 de marzo no Balneario de Mondariz para render unha homenaxe a Xosé Francisco Armesto Faginas, xornalista, intelectual, director da Escola de Artes e Oficios e ex director de Faro de Vigo, colaborador da Voz de Galicia e colaborador de Atlántico Diario. Un encontro entrañable no que estiveron presentes a totalidade dos xornais da comunidade. Coincidindo co sexto aniversario do seu falecemento, os seus compañeiros recordaron a súa faceta de xornalista, escritor, estudioso da obra de Cunqueiro pero sobre todo “amigo dos seus amigos” nunha comida onde se presentou o Premio Armesto Faginas aos novos valores do xornalismo galego que da man do Balneario de Mondariz e coa colaboración da Facultade de Xornalismo de Santiago de Compostela, a Facultade de Comunicación de Pontevedra, a Asociación da Prensa, a Asociación de Escritores e Xornalistas de Turismo de Galicia, así como varios dos membros de medios de comunicación que en breve redactarán as bases deste galardón. O acto pechouse coa entrega á familia de Armesto Faginas, por parte do alcalde de Mondariz balneario e David Regades, en representación do Concello de Vigo, da primeira M de Mondariz en bronce que será a imaxe do novo premio xornalístico.

Titulado da Escola Oficial de Xornalismo e licenciado en Ciencias de Información pola Universidade Complutense de Madrid, fixo os seus primeiros traballos como reporteiro na capital de España pero pronto se trasladou a Vigo. Formou parte da redacción do Pobo Galego e de Faro de Vigo, xornal do que foi director durante oito anos, e colaborou entre outros medios con La Voz de Galicia, diario no que escribiu multitude de artigos sobre a historia da cidade olívica e as seus máis preclaros persoeiros. Na súa faceta como escritor destaca a biografía que escribiu sobre Álvaro Cunqueiro, a quen estivo moi vinculado e a cuxas ordes traballou durante anos. Este traballo está recoñecido como un dos máis completos que existen sobre o gran escritor mindoniense.

No Concello de Vigo , ocupou dous cargos de relevancia. Primeiro foi director do Museo de Castrelos, onde tomou a testemuña do cronista da cidade Vázquez Gil, e despois converteuse en director da Universidade Popular. Estivo á fronte da nosa vella Escola de Artes e Oficios entre os anos 1987 e 2006, responsabilidade que compatibilizou cunha rica produción literaria e ensaística. Pese a abandonar o xornalismo diario, a súa presenza na prensa foi constante, con colaboracións nas que mostraba a súa gran memoria e o seus extraordinarios coñecementos, amante de Vigo, coñecía a cidade e ás súas xentes como ninguén.

 Estan son algunhas das imagenes da homenaxe


Ningún comentario:

Publicar un comentario