05/03/2013

Suave...5 Trienal Internacional de Accesorios Textiles



A Trienal Internacional de Accesorios Textiles está organizada pola Asociación de Creadores Textiles de Madrid -Actm, terá lugar desde mediados de maio a finais de xuño.
Cada participante poderá presentar a esta exposición un máximo de dúas obras, que teñan relación co textil xa sexa polos materiais e/ou técnicas utilizadas, ou polo concepto subyacente na obra. Admítense todo tipo de complementos (chapeus, bolsos, bufandas, calzado, joyería, paraguas, chales, abanicos, gravatas, etc). Para optar á selección, deberase enviar a documentación solicitada nas bases, antes do 1 de abril, tanto ao correo electrónico da Actm, como ao postal. As obras seleccionadas serán expostas ben do Museo do Traxe ou do Museo Nacional de Artes Decorativas, ambos en Madrid.

Ningún comentario:

Publicar un comentario