20/04/2013

Inauguración da Exposición: Emilio Fernández Rodal (1912-1972). Retrato de Sociedade dun Artista Vigués


Con gran éxito de público tivo lugar a inauguración da exposición retrospectiva sobre o pintor Emilio Fernández Rodal. A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo quere homenaxear así a creación artística dun notable retratista que iniciou a súa vocación nas aulas desta Escola. Na mostra exhíbense case medio centenar de obras pictóricas do autor e imaxes e documentación que ilustran o contexto social e cultural da súa creación e da súa época. 
No acto interviñeron o director da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO), Rafael Ojea Pérez, o comisario da exposición, José Luis Mateo Álvarez e o alcalde da cidade, Abel Caballero Álvarez, tamén contamos coa presenza da presidenta do organismo autónomo da EMAO, Olga Alonso Suárez e especialmente coa familia de Emilio Fdz Rodal que colaborou estreitamente coa Escola para que a exposición chegase a bo porto.
Documentación

Ningún comentario:

Publicar un comentario