11/10/2013

XXI Edición da Feira de Arte Múltiple ESTAMPA


Ata o domingo, 13 de outubro, celébrase nas naves de Matadero Madrid a XXI edición da Feira de Arte Múltiple ESTAMPA, un encontro que desde 1992 aposta por achegar a arte contemporánea ao gran público e fomentar o coleccionismo.
Coleccionistas, afeccionados e profesionais da arte contemporánea danse cita un ano máis nun dos encontros dedicados á arte múltiple e emerxente máis potentes do país. ESTAMPA conxuga o interese polo mercado coa reflexión e o intercambio de ideas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario