5 de nov. de 2013

Bibliothèque de L'Enseignement des Beaux-Arts



Sempre que falamos da nosa biblioteca, insistimos que ainda que hoxe é unha biblioteca especializada en arte e oficios artísticos e tradicionais, ten un importante fondo histórico froito da súa dobre condición de biblioteca dun centro de ensinanza de obreros e de ser durante moitos anos a única biblioteca pública de Vigo. De cando en vez iremos subindo ao noso blog algunhas publicacións que poden resultar interesantes ou curiosas para os nosos usuarios.

Hoxe imos fixarnos nunha interesante colección que comezou publicarse en Francia no último terzo do século XIX, Bibliothèque de L'Enseignement des Beaux-Arts, dirixida por M. Jules Comte, que contaba entre os seus colaboradores aos escritores máis autorizados e máis competentes nas diversas especialidades, que incluían todas as divisións da arte e as súas aplicacións, con un obxectivo instruir á vez que interesar.

Os volumes tiñan un tamaño comodo e un precio asequible ademáis estaban ilustrados...

Ningún comentario:

Publicar un comentario