03/12/2013

Exposición "Luis Seoane, Editor: Nova. Bos Aires, 1942-1947


A Fundación Luís Seoane (A Coruña) acolle a exposición "Luís Seoane, editor: Nova. Bos Aires 1942-1947", que aborda a posta en marcha e a historia de Nova, a primeira empresa editorial que fundou Luís Seoane (Bos Aires, 1 de xuño de 1910- A Coruña, 5 de abril de 1979) durante o seu exilio en Arxentina e a relación desta coa obra do artista. 
Comisariada por Antonia Pérez Rodríguez, profesora da Universidade da Coruña (UDC), a mostra céntrase na historia de Nova, a primeira editorial posta en marcha por Seoane, xunto co seu colaborador Arturo Cuadrado, en 1942.

Ningún comentario:

Publicar un comentario