A Asociación A Golpe de Pedal e o Concello de Vigo, convocan o concurso de carteis anunciadores do
evento A Pedaliña 2014 (que conmemora o Día Mundial da Bicicleta),
dirixido exclusivamente ao alumnado da nosa Escola Municipal de Artes e
Oficios.
O obxectivo desde concurso é seleccionar o cartel para a
divulgación do programa do evento denominado Pedaliña 2014, conxunto de
actividades que con motivo do Día Mundial da Bicicleta 2014
celebraranse o sábado 26 de abril, na contorna do monte do Castro de Vigo --con diferentes disciplinas ciclistas--, e o domingo 27 cunha marcha popular polas rúas da cidade.
Os
traballos que se presenten deberán ser orixinais e inéditos, non
presentados noutros concursos e que non supoñan, en todo ou en parte,
copia ou plaxio de obras xa publicadas propias ou doutros artistas.
Poderá participar no concurso o alumnado matriculado no curso 2013-2014 na EMAO, individualmente ou en equipo. O prazo de presentación remata o 27 de marzo de 2014.
BASES DO CONCURSO
Ningún comentario:
Publicar un comentario