03/03/2014

XII Premio Nacional de Cerámica "Ciudad de Castellón"


O Concello de Castellón convoca a XII edición do Premio Nacional de Cerámica que, con carácter bienal, organiza a Asociación Española de Técnicos Cerámicos, ao que poden concorrer de forma individual ou colectiva españois e estranxeiros residentes en España, que non sexan premiados nas dúas últimas edicións; podéndose presentar unha ou dúas obras, dunha ou varias pezas.
Obras orixinais, de nova creación e inéditas con dimensións que non poden exceder de 100 centímetros nin ser inferiores a 35, realizadas en arcilla cocida con ou sen esmalte, a temperatura superior a 960º admitíndose a combinación con materiais non cerámicos sempre que sexan de apoio, e a obra manteña como material central o cerámico. As solicitudes de participación remitiranse antes do 27 de xuño á Secretaria do Concurso. Máis información

Ningún comentario:

Publicar un comentario