29/05/2014

Curso Exprés "Son Ilustrador, E Agora Que?

O curso, titulado Son ilustrador, e agora que? Un percorrido paso a paso cara á ilustración profesional está impartido pola ilustradora Io Bru, unha das promotoras de Ilustrando Dúbidas. Ao longo das súas tres horas de duración, repasa todas as partes do traballo diario do ilustrador, dando ferramentas e consellos e respondendo as dúbidas máis recorrentes. Trátase dun curso de iniciación, enfocado a estudantes de ilustración, xente que está a comezar e autodidactas, aínda que interesará a moitos profesionais en activo para resolver dúbidas.
Os cursos exprés galegos serán mañá, venres 30 de maio, a partir das 16:00 h na EMAO (avenida de García Barbón 5, 36201 Vigo), e o sábado 31 de maio a partir das 16:30 na Fundación Luís Seoane (rúa de San Francisco s/n, 15001 A Coruña).



A noite do venres 30 en Vigo e a do sábado 31 de maio na Coruña, a AGPI ten preparados eventos lúdicos abertos ao público que servirán de colofón a dúas xornadas dedicadas á ilustración. O IlustraNoite 2014 en Vigo decorrerá no café Detrás do Marco (rúa Londres s/n,Vigo), o venres 30 de maio a partir das 21:30 h. Poderán verse presentacións dos ilustradores Carlos Trigo, Carlos Rodríguez (Duplo Studio), Xpen, Laura Comesaña, Jano, Raúl Bermúdez, Anxo Fariña, Abi, Sozosuru e Tayone.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario