08/05/2014

Imaxes da Montaxe da Exposición "Ángel Mareque e a Creación do taller de Ourivería na Escola de Artes e Oficios" (2)


Continuan os preparativos para a inauguración este venres, 9 de maio ás 19:00 h, no Espazo Emao, da exposición "Ángel Mareque e a Creación do Taller de Ourivería na Escola de Artes e Oficios". A figura de Mareque representa a dun artista multidisciplinar que practicou o debuxo, a pintura, a talla escultórica en diversas técnicas (marfil, madeira, mármore, pedra ou acibeche), ata destacar no seu labor como ourive.

Exposición:
Idea, producción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2014
Comisario: José Luis Mateo Álvarez

Ningún comentario:

Publicar un comentario