02/06/2014

"Compañeiros de Oficio" na Fundación Barrié de Vigo


O próposito de Compañeiros de oficio, comisariada polo catedrático de Representación e Teoría Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña Pedro de Llano, é impulsar unha reflexión pouco habitual sobre o papel da arquitectura vernácula como piar fundamental da obra dun imprescindible grupo de arquitectos contemporáneos que deron continuidade ao vínculo entre os “artesáns” de onte e os “creadores” de hoxe, tal e como expresou Charles-Édouard Jeanneret, Le Corbusier, coas palabras que dan título a esta exposición.
Ademais, a mostra acompáñase de Arquitectura para tod@s un programa educativo gratuíto con obradoiros familiares, visitas comentadas, obradoiros para grupos e Arquicampamentos de verán semanais, que pretende que o visitante se cuestione como facer unha nova arquitectura que mellore e se axuste á sociedade que vén, e cal debe ser a relación entre o edificio, os seus destinatarios e as necesidades do medio, descubrindo o futuro no marabilloso pasado dos nosos compañeiros de oficio.  
Entrada gratuita
Horario: de martes a domingo,
festivos incluidos, 12:00 / 14:00 y 18:00 / 21:00 h 
Policarpo Sanz, 31, 36202 Vigo. T 986 11 02 20 fundacionbarrie.org
Talleres
Visitas comentadas
Arquicampamentos de verano

Ningún comentario:

Publicar un comentario