22/07/2014

Semana Dos Oficios do Coiro: do 22 ao 27 de Xullo en Allariz-Ourense


Allariz conmemora do 22 ao 27 de xullo a “Semana dos oficios do coiro”. Exposicións, obradoiros e concertos terán como protagonistas esta temática co fin de achegar a veciños e visitantes unha das máis antigas tradicións da vila alaricana.
Os días 22 e 24, na Fundación Vicente Risco, terá lugar un obradoiro de creación sobre coiro, que será impartido por Nelson Gómez, artista plástico e profesor de debuxo e ilustración na Universidade dos Andes de Venezuela.
Do 25 ao 27 de xullo, o patio do Museo do Coiro será o escenario da II Mostra dos Oficios do Coiro, que inclúe traballos exclusivos, libros, ferramentas de traballo, etc.
O día 26, tamén no patio do Museo do Coiro, terá lugar un taller demostrativo de laminado no coiro, a cargo do artesán Fernando Martínez
E ás 20.30, neste mesmo emplazamento, celebrarase o concerto de sitar de Franklin Pereira. 
Ademais, ata o 30 de agosto, o Museo do Coiro acolle a exposición “Pele com pele, transfiguración e transcendencia”, de Ana Caldas e Franklin Pereira

Ningún comentario:

Publicar un comentario