27 de ago. de 2014

Descubrindo Outras Bibliotecas no Verán


Este verán descubrimos unha pequena biblioteca, trátase da "Biblioteca Municipal de Cascais, biblioteca infantil e xuvenil" está situada nun entorno privilexiado no Parque Marechal Carmona o que posibilita ás familias e á comunidade escolar a realización de actividades de tempo libre en contacto coa natureza e ofrecendo ambientes que incentivan á lectura. 
A biblioteca organízase en tres espazos de libre acceso: a sala xuvenil, a sala de referencia e a sala infantil e ofrece os seguintes servizos bibliotecarios: préstamo a domicilio (libros e multimedia), consulta local (xornais, libros e multimedia), servizo de referencia, acceso gratuito a internet, actividades de promoción do libro e da lectura (exposicións, concursos, hora do conto, talleres de expresión...), formación de usuarios, etc. Está incluida na Rede de Bibliotecas Municipais de Cascais (Portugal). Aquí tedes algunhas fotos desta encantadora biblioteca, temos que dar tamén as grazas a Isabel e a Maria da Conceição, as bibliotecarias, pola súa amabilidade, por permitirnos a realización das fotos e polas súas explicacións que poñen de manifesto a súa profesionalidade e a súa pasión por este oficio de bibliotecario /-a.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario