24 de set. de 2014

Datas e Horarios de Matrícula na EMAO para o Curso 2014-2015

Caderno de apuntes de Isabel Prieto
As persoas incluídas nos listados de "alumnado admitido" tras o sorteo e probas de acceso, deberán formalizar a súa matrícula presentando na Unidade Administrativa a seguinte documentación :
  • Ficha de confirmación de matrícula, debidamente asinada polo/a interesado/a, segundo modelo oficial que se pode recoller na conserxería da Escola.
  • Fotocopia simple do seu DNI
Datas e horario de matrícula
  • 24-29 de setembro ( de 09:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 20:00 horas)
  • 30 de setembro (de 09:00 a 14:00 horas)
IMPORTANTE
De non confirmarse a matrícula nas datas indicadas, daráselle de baixa na lista de admisión, pasando a ocupar o seu posto o seguinte na lista de espera. 
Establécese unha lista de espera para cada especialidade, para os casos de substitución por baixa ou por renuncia do alumnado, durante o primeiro trimestre do curso 2014-2015. Máis información  
*As clases para os alumnos  procedentes de cursos anteriores comezaron hoxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario