16/09/2014

Exposición de Luís Pérez Calvo TEBEOS ao RESCATE no Halcón Milenario


A serie de obras que LPC presenta no Halcón Milenario e que titula TEBEOS ao RESCATE, xorde das visitas a unha tenda de compra, cambio e vendas de tebeos, novelas e revistas que había na rúa Tribulete de Madrid, concretamente nos baixos do mercado de San Fernando .
Este traballo é unha homenaxe a todos estes tebeos logo chamados comics. Unha pequena serie de obras, digna de ver para nostálgicos amantes do cómic e aqueles que queiran descubrir todo un universo que segue moi presente na memoria de moitos de nós, pero levados a un novo contexto con novos personaxes.
A obra de Luís Pérez Calvo foi publicada en cabeceras da talla de Nós somos os mortos, A Crúa, Visual, Trauma ou ¡Que sorte!, o mítico fanzine que edita o gran Olaf Ladousse. Na actualidade a obra de LPC, é representada pola galería Liebre de Madrid.


Ningún comentario:

Publicar un comentario