1 de out. de 2015

"Novas de Artes e Oficios" na Plataforma Scoop'it un Lugar Propio en Internet


Na EMAO de Vigo administramos e mantemos un lugar propio en Internet: "Novas de Artes e Oficios" http://www.scoop.it/t/novas-de-artes-e-oficios, de clasificación e difusión de enlaces relacionados coas especialidades que aquí impartimos: Construcción de Instrumentos Musicais (Gaita, Zanfona e Luthería antiga), Debuxo artístico, Pintura, Serigrafía artística, Moda e Confección, Deseño e encaixe de palillos, Artesanía en Coiro, Encadernación, Talla e escultura en madeira e Ourivaría. En "Novas de Artes e Oficios", aloxada na plataforma Scoop.it, encargámonos de peneirar e subministramos información previamente seleccionada --novas, titoriais, teoría e práctica, documentos, videos...-- en todos estes ámbitos.

Á información pode accederse ben globalmente --co que teremos unha ampla panorámica da actualidade dos temas relacionados coas nosas especialidades e co mundo da arte en xeral--, ou utilizando os filtros (Search in topic --coa icona dun funil na parte superior dereita da páxina--) o que nos permite unha navegación por temas e especialidades, especialmente útil para manterse ao día sobre as Artes e Oficios artísticos que nos interesen especialmente.

Podemos tamén acceder con cada unha das seguintes etiquetas:  
Arte/Artesanía/Debuxo/Pintura/Escultura/Encaixe/Moda/Encadernación/Gaita/Zanfona/Luthería/Talla en madeira/Coiro/Ourivería/Serigrafía, poñéndoa despois do signo = na seguinte secuencia, e pegándoa completa na barra de enderezos do noso navegador. http://www.scoop.it/t/novas-de-artes-e-oficios/?tag=Arte (exemplo se buscamos seleccionar as entras coa etiqueta "Arte")
Desde o noso blog podedes acceder directamente a o noso Scoop'it, tamén a Facebook e Twitter.
Esperámosvos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario