23/10/2015

Presentación de "Pito Galego: Método Práctico" na Biblioteca de Artes e Oficios


Esta tarde ás 19:00 na hemeroteca da Escola, presentación de "Pito Galego: método práctico" en formato libro e páxina web por Moisés Quintas, presentan o acto J. Aldea e Antón Corral.
RESEÑA:
Moises Quintas. "Pito Galego: Método Práctico". Editorial Ouvirmos, 2015
Un libro e unha web forman o proxecto “Pito Galego”.
Nos dous formatos complementarios, fálase da orixe e evolución do instrumento e faise un estudo riguroso dos distintos pitos. Adxúntanse fotografías, máis de 250 gravacións de audio, máis de 200 exercicios progresivos, técnica, articulación, afinación, respiración… máis de 50 melodías tradicionais galegas (Alalás, Alboradas, Muiñeiras, Pandeiradas …) ordenadas por grao de dificultade, un obradoiro para construír o teu propio Pito de cana e moito máis… Son as palabras do mestre artesán Antón Corral as que abren este método, unha das persoas máis relevantes no mundo da Música Tradicional Galega, e a quen, sen dúbida, debemos a recuperación e perfeccionamento do Pito Galego.

LUGAR:  Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
DATA: 23 de outubro, venres
HORA: 19:00 h

1 comentario:

  1. Moitas grazas por todo!! Foi un pracer presentar o Método para Pito Galego nun lugar tan representativo para o instrumento, pois foi neste edificio da EMAO onde o Mestre Antón Corral no seu labor docente, fixo de transmisor dos seus coñecementos aos alumnos, que hoxe seguen a fabricalos.

    Moisés Quintas

    ResponderEliminar