20 de out. de 2015

Presentación do libro "Pito Galego. Método Práctico" por Moisés Quintas

Este venres, 23 de outubro, teremos na hemeroteca a presentación do libro "Pito Galego. Método práctico", polo seu autor Moisés Quintas.
RESEÑA: 
Moises Quintas. "Pito Galego: Método Práctico". Editorial Ouvirmos, 2015 
Un libro e unha web forman o proxecto “Pito Galego”. Nos dous formatos complementarios, fálase da orixe e evolución do instrumento e faise un estudo riguroso dos distintos pitos. Adxúntanse fotografías, máis de 250 gravacións de audio, máis de 200 exercicios progresivos, técnica, articulación, afinación, respiración… máis de 50 melodías tradicionais galegas (Alalás, Alboradas, Muiñeiras, Pandeiradas …) ordenadas por grao de dificultade, un obradoiro para construír o teu propio Pito de cana e moito máis… Son as palabras do mestre artesán Antón Corral as que abren este método, unha das persoas máis relevantes no mundo da Música Tradicional Galega, e a quen, sen dúbida, debemos a recuperación e perfeccionamento do Pito Galego.

LUGAR:  Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
DATA: 23 de outubro, venres
HORA: 19:00 h

Máis información en:
http://ventoemadeira.blogspot.com.es/2015/10/presentacion-do-metodo-web-e-fisico.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario