24/11/2015

O Tañedor de Zanfona en "La Ilustración Gallega y Asturiana"


Onte encontramos esta fermosa imaxe nunha revista do noso fondo histórico, concretamente en "La Ilustración Gallega y Asturiana" T. IV, 1882. Baixo o épigrafe de "Tipos y Costumbres de Asturias" publícase este debuxo de D. J. Cuevas "El Tañedor de Zanfona"
La Ilustración de Galicia y Asturias, despois coñecida como La Ilustración Gallega y Asturiana e finalmente como La Ilustración Cantábrica foi unha revista ilustrada editada en Madrid entre 1878 e 1882. O propietario foi Alejandro Chao Fernández, a parte literaria era dirixida polo intelectual Manuel Murguía e a artística por José Fernández Cuevas e administrada por Luís Taboada. Tratábase dunha publicación multilingüe, editada en galego, asturiano e castelán.
O primeiro número, cos dous primeiros títulos, publicouse o 15 de xuño de 1878. O 10 de xaneiro de 1879 apareceu co título La Ilustración Gallega y Asturiana, pasando de ter unha periodicidad quincenal a decenal. Máis tarde, o 8 de xaneiro de 1882, pasa a denominarse La Ilustración Cantábrica, deixando de publicarse, definitivamente, ese mesmo ano.
Na nosa biblioteca conservamos encadernados todos os exemplares desta publicación. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario