07/12/2015

Culturgal 2015: Feira da Industrias Culturais


Este fin de semana tivo lugar en Pontevedra unha nova edición de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais. Unha oitava edición para facer da cidade de Pontevedra un lugar de encontro confortable, eficiente e novedoso con centos de liñas cruzadas entre públicos, expositores, creación, difusión, institucións, participación, venda, distribución, formación…Tres días de referencia para todas as persoas que fan parte diaria da actividade cultural en Galicia. 
Nesta edición tres mestres desta Escola tiveron unha participación moi activa, Federico Fernández fixo as delicias do númeroso público infantil na presentación do seu último traballo "Balea" xunto con Germán González.
Por outro lado tamén dentro do Pazo da Cultura de Pontevedra pódese visitar ata o 10 de xaneiro a exposición "Somos espazo: simbioses entre arte e arquitectura" comisariada por Paula Cabaleiro e Antón Sobral na que participan Rosa García e Paula Mariño

Ningún comentario:

Publicar un comentario