02/02/2016

Concurso de deseño do Cartel do Programa Xuventude Crea 2016



A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, con motivo do programa Xuventude Crea 2016, convoca un concurso co fin de elaborar o cartel do dito programa. Máis información en: http://goo.gl/HNdrrk

PARTICIPANTES
Poderán participar no concurso todas aquelas persoas de entre 18 a 30 anos, ambas inclusive, e residentes en Galicia, agás o/a gañador/a do premio na edición do ano anterior.

TEMA
O tema e a técnica serán libres. As obras deben incluír obrigatoriamente o texto “Programa Xuventude Crea 2016” así como as especialidades que o compoñen: artes plásticas, banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, relato breve, poesía, teatro e videocreación.
Admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo.
 
LUGAR E PRAZO DE ENTREGA
O prazo de admisión das obras estará aberto ata o día 29 de febreiro de 2016 e poderanse enviar por correo postal a:
Concurso deseño do cartel programa Xuventude Crea 2016
Consellería de Política Social
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º
15781 Santiago de Compostela

Ningún comentario:

Publicar un comentario