 |
Xacobe M. |
O pasado martes recibimos unha agradable sorpresa, a mestra de educación infantil da Escola Rosalía de Castro, Marta Adrio, tróuxonos tres álbumes cos debuxos cos seus alumnos/as realizaron logo da visita que fixeron á nosa Escola.
Estiveron nas aulas de cerámica artística, debuxo e por suposto na nosa biblioteca.
Estes son algúns dos marabillosos debuxos que fixeron do seu paso pola´hemeroteca pero tamén nos trouxeron outros dous álbumes
dedicados a Federico Fernández (mestre de debuxo) e a Miguel Vázquez
(mestre de cerámica).
Queremos dar as grazas a todos os alumnos/as de 3º de educación infantil e
especialmente ao seu profesorado por coordinar esta laboriosa tarefa.
Agradecémosvos moito o detalle que tivestes connosco e esperamos que a
visita fose de interese para todos os nenos e nenas que nos visitaron.
 |
Iago M. |
 |
Sofía B. |
 |
Lucía |
 |
Martina Gazaraín |
 |
Nerea |
Ningún comentario:
Publicar un comentario