30/03/2017

Convocatoria de Cursos monográficos na EMAO abril-xuño 2017

Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a seguinte 1ª convocatoria de cursos monográficos para o período abril-xuño 2017, dirixidos ás persoas interesadas, que cumpran os requisitos fixados e que non estean matriculadas no presente curso 2016-2017 na EMAO:

* Aula de Pintura: “TEORÍA E PRÁCTICA DO CADERNO DE APUNTES: A TERAPIA DA OBSERVACIÓN”
Impartido por Jacobo Fernández, mestre da especialidade na EMAO
Destinatarios: Persoas interesadas na práctica do debuxo e da pintura, que non estean matriculadas na EMAO no curso 2016-17
Datas: do 21 de abril ao 23 de xuño, os venres (laborables) de 18:00 a 21:00 horas
Inscrición ata o 18 de abril
Duración: 30 horas
Programa:
Estudo e adestramento no caderno de apuntes, técnicas básicas, historia, actualidade, filósofía e, sobre todo, práctica deste medio de debuxo e pintura portátil cada vez máis vixente.
  • Historia, filosofía e actualidade.
  • Materiais e cuestións técnicas.
  • Práctica a partir de propostas de traballo dentro e fora da escola.
Material a aportar polo alumnado: Caderno de apuntes e materiais básicos de debuxo e cor.

* Aula de CAIM-Gaita (colaboración con Ourivaría): “ANELADO DE GAITAS E INSTRUMENTOS CON METAIS”
Impartido por Carlos Corral e Sandra de Jesús, mestres da EMAO das especialidades de CAIM-Gaita e Ourivaría, respectivamente.
Destinatarios: Ex-alumnos/as da EMAO da especialidade de CAIM-GAITA.
Datas: do 17 de abril ao 26 de xuño, os luns (laborables) de 11 a 14 horas
Inscrición ata o 11 de abril
Duración: 30 horas
Programa:
OBXETIVOS:
- Ampliar os coñecementos dos alumnos na materia de ornamentación do instrumento.
- Adquirir os coñecementos básicos do traballo en metais non ferrosos (cobre, latón, prata, etc); técnicas de corte, conformado, soldadura, limado, lixado, repuxado e pulido.
CONTIDO:
- Cálculo e desenrolo do metal necesario para cada anela.
- Corte do metal.
- Recocido e conformado das anelas na lastra
- Técnica de soldadura
- Repasado (limar, lixar, ...)
- Preparación da base na madeira
- Axuste e colocación
- Técnica de repuxado sobre a madeira no torno
- Repasado e satinado no torno
- Abrillantado na pulidora
Material a aportar polo alumnado:
Dúas limas de agulla ou limatóns:
Unha lima de agulla plana ou de espada (barrete)
Unha lima de agulla de media cana
Soldadura de prata en fío.
Unha ducia de pelos de segueta do número 4/0 ou 3/0 para cortar metal.

* Aula de CAIM-LUTHERÍA ANTIGA: “ELABORACIÓN DE ROSETAS PARA LAÚDE RENACENTISTA E BARROCO”
Impartido por Ramón R. Casal, mestre de CAIM-Luthería antiga da EMAO

Destinatarios: Este curso vai dirixido a músicos, artesáns ou aficionados á madeira que sintan inquedanza pola luthería antiga e queiran ampliar os seus coñecementos e que non estean matriculados na EMAO no curso 2016-17
Datas: do 20 de abril ao 22 de xuño, os xoves (laborables) de 11:00 a 14:00 horas
Inscrición: ata o 18 de abril
Duración: 30 horas
Programa:
O curso terá un contido eminentemente practico.
Historia da luthería, destacando o campo dos constructores de Laude Renacentista e Barroco.
Elaboración da mesa de calar.
Preparación da goma laca para vernizado final.
Debuxado do modelo elexido na madeira.
Taladro da peza para introducir a serra.
Segueteado manual.
Perfeccionamento con limas e bisturí.
Montaxe no caso da roseta de dous pisos, preparación do pergamiño.
Acabado con goma laca.
Material a aportar polo alumnado:
1 bata branca
1 Libreta e portaminas de 0.5
1 Segueta ou serra de arco.
12 serras do nº 2 ou nº 3 para madeira.
1 bisturi nº 3
10 coitelas do nº 11
1 peza de madeira de faia (fagus sylvatica) de 1000 x 120 x 4 mm.


CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS

Duración curso: 30 horas
Prazas limitadas: 15 por curso
Inscripción:
Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles)
• Asunto: [nome do curso]
• Nome e apelidos do/a solicitante:
• DNI:
• Anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO: [no caso en que sexa condición telos cursado para acceder ao monográfico seleccionado]

Admisión de solicitudes:
  • Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2016-217
  • Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
  • Só serán válidas as solicitudes que cumpran as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso monográfico en concreto
  • A inscrición farase por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
  • A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO  exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario